Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51187

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se procede á publicación da relación das/dos beneficiarias/os e do importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT403E).

Á vista da proposta da Secretaría Xeral de Cultura, tras o informe da Comisión Técnica de Avaliación sobre a convocatoria das axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área de Artes Plásticas e Visuais (código de procedemento CT403E), (Orde do 11 de setembro de 2020, DOG nº 192, do 22 de setembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas correspondentes á adxudicación das axudas por un importe de cento cincuenta e catro mil oitocentos cincuenta e catro euros con nove céntimos (154.854,09 €) con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432B.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Segundo. Aprobar as listaxes de solicitantes excluídas/os de acordo coas causas especificadas.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativo, de conformidade co previsto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Lista definitiva, por orde de puntuación, das axudas para o fomento das actividades de creación-produción con fins expositivos na área de Artes Plásticas e Visuais
(código de procedemento CT403E)

Apelidos e nome

DNI

Total

Axuda

Observacións

García Quiroga, Francisco

***2996**

243

7.000,00 €

Bugarín Osorio, Jacobo

***9981**

224

7.000,00 €

Macía Fernández, Carlos Miguel

***9605**

219

7.000,00 €

Calvo Ulloa, Miguel

***8954**

213

6.472,00 €

Rodríguez Casas, David

***8252**

181

4.994,73 €

Pérez Villamide, José Manuel

***1198**

173

7.000,00 €

Negro Romero, Álvaro

***1962**

172

7.000,00 €

Molina Quiroga, Berio

***4782**

143

2.459,20 €

Rodríguez Barreiro, Pablo

***0224**

142

4.347,06 €

Rodríguez Méndez, Carlos

***7221**

136

6.800,00 €

Vázquez López, Iria

***7650**

126

3.680,00 €

Ucieda Cortés, Damián

***5086**

124

6.976,00 €

Costa Moreira, Marco Antonio

***7054**

123

6.640,00 €

García Bello, Christian

***0526**

109

2.587,42 €

Rodríguez Bernal, María Cillas

***8489**

98

2.427,65 €

Varela Barrio, Jorge Alfonso

***8701**

95

5.777,96 €

Trastoy Lindín, Mauro

***5775**

91

6.920,14 €

Fidalgo Omil, Avelino David

***4892**

66

4.589,55 €

Asociación Recreativo-Cultural Acolá

***8807**

40

2.800,00 €

García García, Natalia

***2132**

40

5.667,28 €

Iglesias Arias, Antonio

***5490**

36

4.388,80 €

Zurita de la Vega, Víctor

***4205**

33

5.648,00 €

Argibay Porto, Adán

***1344**

15

7.000,00 €

Buschmann, Frank

***1908**

15

2.518,30 €

Couto Cotelo, Miguel

***2410**

15

7.000,00 €

Meseguer Alcain, María

***2122**

15

160,00 €

Ferreiro Badía, Manuel

***6488**

Excluído (13)

Gómez Martín, Carlos

***4315**

Excluído (9)

Méndez Rodríguez, Carlos

***7802**

Excluído (9)

Pardo Valdés, Jaime

***0694**

Excluído (9)

Pérez Fernández, Miriam

***5804**

Excluída (14)

Lista definitiva, por orde de puntuación, das axudas para o fomento das actividades de investigación con fins expositivos na área de Artes Plásticas e Visuais
(código de procedemento CT403E)

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

Axuda

Data Xestión Cultural

***8000**

465

5.000,00 €

Cid Congil, Luis Miguel

***6189**

245

5.000,00 €

De Nieves Lamas, Juan Antonio

***6820**

228

5.000,00 €

González Martínez, Susana

***7663**

165

5.000,00 €

(1) Excluída/o, pendente de presentar anexo I.

(2) Excluída/o por non presentar relación doutras solicitudes de subvención para o mesmo obxecto (anexo I).

(3) Excluída/o, pendente de presentar escritura de constitución e estatutos, así como acreditación da súa inscrición nos rexistros públicos correspondentes.

(4) Excluída/o, pendente de presentar copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas ou do certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas ou declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas.

(5) Excluída/o, pendente de presentar, de ser o caso, documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude. .

(6) Excluída/o, pendente de presentar declaración de axudas de minimis recibidas durante os dous anos anteriores e o ano en curso (anexo I).

(7) Excluída/o, pendente de presentar, currículo da persoa creadora ou investigadora e traxectoria profesional coas actividades realizadas nos últimos cinco anos (anexo II).

(8) Excluída/o por non presentar a declaración responsable onde conste que o proxecto obxecto de subvención é de autoría propia, inédita e non premiado nin subvencionado con anterioridade (anexo III).

(9) Excluída/o, por non presentar documentación acreditativa de ter asinado, no momento da solicitude, contrato, invitación ou compromiso para a exposición do obxecto subvencionado.

(10) Excluída/o por non presentar ficha resumo do proxecto (anexo IV).

(11) Excluída/o por non presentar memoria detallada (anexo V).

(12) Excluída/o por non presentar orzamento desagregado e detallado do proxecto (anexo VI).

(13) Excluída/o por incumprir o establecido no artigo 19.4 da orde de convocatoria, que establece que serán obxecto de subvención os proxectos realizados desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a data límite de xustificación da orde (15 de decembro de 2020).

(14) Excluída/o por incumprir o establecido no artigo 5 da orde de convocatoria (modalidades subvencionables de creación-produción e investigación con fins expositivos).

(15) Excluída/o por non estar ao día nos pagamentos e obrigas tributarias (artigo 11.1.g).