Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 15

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Filoloxía Inglesa.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso convocado por esta universidade mediante a Resolución do 8 de setembro de 2020 (BOE do 18 de setembro), para a provisión da praza número 20/042, de catedrática de universidade da área de coñecemento de Filoloxía Inglesa, Departamento de Letras desta universidade, a favor de María Begoña Crespo García, con DNI número ***5555**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Begoña Crespo García catedrática de universidade da área de coñecemento de Filoloxía Inglesa, Departamento de Letras desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de decembro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña