Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 11

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 12 de agosto de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

A Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020), conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2020.

A Orde do 20 de xullo de 2020 (DOG núm. 151, do 29 de xullo) modificou as bases da Orde do 20 de decembro de 2020.

A Resolución do 12 de agosto de 2020 (DOG núm. 170, do 24 de agosto) adxudicou as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

O artigo 19 das bases da convocatoria, modificado polo punto 5 do artigo único da Orde do 20 de xullo de 2020, dispón que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2020. Este artigo tamén indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan; e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Gain,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas de apoio á etapa predoutoral da modalidade A correspondente á persoa seleccionada que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda ás entidades e persoas candidatas da lista de espera da modalidade A que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal como se indica na seguinte táboa:

Modalidade A: 7 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidades

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

2

8.250,00

60.000,00

52.000,00

43.750,00

0,00

164.000,00

09.A3.561A.481.0

Fundación Biomédica Galicia Sur

1

4.125,00

30.000,00

26.000,00

21.875,00

0,00

82.000,00

09.A3.561A.481.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

3

8.250,00

88.791,67

78.000,00

69.750,00

5.208,33

250.000,00

09.A3.561A.481.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

4.125,00

26.000,00

26.000,00

21.875,00

0,00

78.000,00

Total

7

24.750,00

204.791,67

182.000,00

157.250,00

5.208,33

574.000,00

Cuarto. Actualizar a lista de espera da modalidade A, que se inclúe como anexo III, para determinar posibles substitucións.

Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 16 de xaneiro de 2021 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación á Gain no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada ao seu organismo mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e, así mesmo, serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Gain e da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Data de renuncia

IN606A-2020/003

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Bellver

Catalá

Marta

***9226**

3

Non asinou o contrato

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2020/024

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Yáñez

Gómez

Celso

***2628**

2

9,5097

ANEXO III

Lista de espera

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2020/042

Fundación Profesor Novoa Santos

Ramilo

Regueira

Paula

***7136**

2

9,3624

IN606A-2020/037

Fundación Profesor Novoa Santos

Rodríguez

Alonso

Andrea

***3007**

-

9,3400

IN606A-2020/040

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Pérez

Lois

Raquel

***0406**

2

9,2513