Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 321/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase DOI (despedimento obxectivo individual), seguido baixo o número 321/2020, en que figura como interveniente Lavandería Fonte Belida S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 11 de xaneiro de 2021, ás 10.55 e ás 11.00 horas, respectivamente.

Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza