Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 520/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 520/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asepeyo contra a empresa People Plus Innovation, S.L.U., sobre seguridade social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de outubro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 520/2020, seguidos por instancia da mutua Asepeyo, representada e asistida polo letrado Sr. Balo Couto, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), representada e asistida pola letrada Sra [...], a empresa People Plus Innovation, S.L. e Beatriz Gómez Paz.

Decido:

Desestimar a demanda presentada por instancia da mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a empresa People Plus Innovation, S.L. e Beatriz Gómez Paz e, en consecuencia, absolvo as demandadas das pretensións contra elas dirixidas.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a People Plus Innovation, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza