Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 19/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 19/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ángel Pérez García contra Obras y Viales Cerne, S.L., sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 3 de decembro de 2020, dirixida a Obras y Viales Cerne, S.L., contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

Para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Viales Cerne, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza