Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 158

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de publicación de sentenza (F02 618/2018).

Eu, Benita María Gándara Valije, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Maria Dolores García Martínez, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte.

Sentenza 76/2020

Vilagarcía de Arousa, 9 de outubro de 2020

Parte dispositiva

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por María Dolores García Martínez, representada polo procurador dos tribunais Miguel Ángel Palacios Palacios, contra Fernando Viñals Rodríguez, en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. Atribución da garda e custodia da filla menor, Nerea Viñals García, á nai, Mª Dolores García Martínez, con exercicio exclusivo da patria potestade.

2. Non se establece ningún réxime de visitas a favor do pai.

3. Establecemento dunha pensión de alimentos a favor da filla menor, Nerea Viñals García, e a cargo do pai, Fernando Viñals Rodríguez, de 250 euros mensuais, que deberá ser aboado por anticipado, nos primeiros 5 días de cada mes, na conta que designe a demandante. A dita pensión actualizarase anualmente conforme o IPC dos 12 meses anteriores.

4. Gastos extraordinarios. Serán aboados ao 50 % por ambos os dous proxenitores, entendendo por tales os recollidos nos fundamentos de dereito desta resolución.

Non procede facer especial pronunciamento sobre custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación en ambos os dous efectos, que se interpoñerá ante este xulgado no termo dos vinte días seguintes ao da notificación desta resolución, e do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Lévese esta resolución ao libro de sentenzas e autos definitivos e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fernando Viñals Rodríguez, esténdese o presente edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 2 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza