Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 156

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO de notificación de sentenza (327/2017).

ORD procedemento ordinario 327/2017

Procedemento orixe: /

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Yolanda Pérez Lourido

Procuradora: Ana Belén Pérez Carrera

Avogado/a

Texas Bar Hostelería, S.L., Severino Alonso Carrera

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza

O Porriño, 30 de outubro de 2019.

Vistos por min, Paula Araújo López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño, os autos do xuízo ordinario 327/2017, instado por Yolanda Pérez Carrera, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez Carrera e asistida de letrada Sra. Diéguez Pereira contra a mercantil Texas Bar Hostelería, S.L. na persoa do seu representante legal Severino Alonso Carrera, que están declarados en situación de rebeldía procesual,

Decido:

Estimar a demanda interposta por Yolanda Pérez Lourido, representada pola procuradora Sra. Pérez Carrera, contra a mercantil Texas Bar Hostelería, S.L., na persoa do seu representante legal Severino Alonso Carrera, e declarar resolto o contrato de cesión de arrendamento de local do 30 de decembro de 2014 por incumprimento das obrigas contraídas pola arrendataria-cesionaria, condenando a entidade demandada Texas Bar Hostalaría, S.L. a deixalo libre e ao dispor do demandante no prazo que marca a lei, con apercibimento que, de non o facer así, se procederá ao seu desaloxo e, así mesmo, condénase ao pagamento á demandante da suma de mil cento corenta e seis euros con setenta e seis céntimos (1.146,76 euros) máis os xuros correspondentes, con expresa condena en custas da demandada.

Notifíquese ás partes a presente resolución indicando que esta é non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación. Advírtese da necesidade de constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Texas Bar Hostelería, S.L. e Severino Alonso Carrera, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

O Porriño, 3 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza