Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 154

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (612/2019).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de María Dolores Osorio Ruíz contra María del Pilar Ficuciello Osorio, Rafael Ficuciello Osorio, María Concepción Ficuciello Osorio foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

Sentenza: 33/2020

JVB xuízo verbal 612/2019-R

Procedemento de orixe: /

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: María Dolores Osorio Ruíz

Procurador: Ángel Soto Pérez

Avogado: Roberto Estévez Domínguez

Demandados: María del Pilar Ficuciello Osorio, Rafael Ficuciello Osorio, María Concepción Ficuciello Osorio

Procuradora: Marta Trillo González

Avogado: Ricardo José Orban Moreno

Procedemento: X.VBAL 612/2019-sección R.

María Isabel Suárez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e do seu partido xudicial, pronuncia a seguinte:

Sentenza.

Ourense, 10 de febreiro de 2020.

Vistos por min, en audiencia pública, os presentes autos do xuízo verbal co número 612/2019 sobre reclamación de cantidade de dous mil euros (2.000,00 €), no cal son partes, como demandante María Dolores Osorio Ruíz, en calidade de comuneira e en beneficio da comunidade de bens dos herdeiros de Concepción Díaz, que compareceu no procedemento representada polo procurador Sr. Soto Pérez e asistida polo letrado Roberto Estévez Domínguez; como parte demandada Rafael Ficuciello Osorio, en rebeldía procesual; María Concepción Ficuciello Osorio, en rebeldía procesual; e María Pilar Ficuciello Osorio, que compareceu representada pola procuradora Sra. Trillo González e asistida polo letrado Ricardo José Orbán Moreno, recae a presente resolución baseada nos seguintes

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Decido:

Acoller a demanda interposta por María Dolores Osorio Ruíz, en calidade de comuneira e en beneficio da comunidade de bens dos herdeiros de Concepción Díaz, contra Rafael, María Concepción e María del Pilar Ficuciello Osorio, e, en consecuencia debo condenar e condeno os demandados a aboaren á comunidade a contía dous mil euros con (2.000,00 euros), cos xuros legais.

Todo iso sen imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación, dada a súa contía.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, María Concepción Ficuciello Osorio, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza