Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 153

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (PO 117/2010).

Eu, José María Badía del Río, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico que se ditou sentenza no xuízo ordinario 117/2010-L, no cal é demandante Banco Popular Español, S.A. e demandados Ángel Gómez Pombo e Marien Olimpia López Piñate.

Da dita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na Secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte (20) días, contados a partir desta publicación.

Como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados, Ángel Antonio Gómez Pombo e Marien Olimpia López Piñate, e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza