Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 152

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de interposición de recurso contencioso-administrativo 4174/2020.

No presente órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo a procuradora María Trillo del Valle, en nome e representación de Congregación de Hermanas del Amor de Dios, que se tramita como procedemento ordinario nº 4174/2020, fronte ao Concello de Vigo (Pontevedra), sobre o Acordo do Pleno municipal, do 29 de xullo de 2020, de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 2.12.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza