Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 698

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2020.

Por Decreto da Alcaldía do 9 de decembro de 2020 resolveuse aprobar a oferta de emprego público deste concello para 2020, que comprende as prazas vacantes que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, e cumprindo as taxas de reposición a que se refire o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, co seguinte detalle:

Natureza

Código RPT

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Número prazas

Denominación

Funcionario

07.01.00.27

C

C1

Admón. Especial

Servizos Especiais

1

Policía local

Funcionario

03.01.02.02

A

A2

Admón. Especial

Técnica

1

Arquitecto técnico

O que se publica, de conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

A execución desta oferta de emprego público deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

Ribeira, 10 de decembro de 2020

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde