Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

Por decretos da Alcaldía número 202011/368, emitido na data 30.11.2020, e número 202012/012, emitido na data 2.12.2020, resolveuse nomear as persoas referidas a seguir como funcionarios de carreira do Concello de Ribeira para ocupar as seguintes prazas:

• Ángel Manuel Pena Romay, con DNI número ***5672**, para ocupar a praza de administrativo xefe oficina de contratación, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo «C», subgrupo «C1» (OEP 2019, código RPT 01.01.00.00.01).

• Antonio Bermo Sampedro, con DNI número ***3994**, para ocupar unha praza de policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo «C», subgrupo «C1», (OEP 2018, código RPT 07.01.00.28).

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 3 de decembro de 2020

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde