Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 788

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se dispón a renovación dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

A renovación de Covadonga Salgado Blanco como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar