Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

RESOLUCIÓN 2712/2020, do 17 de novembro, referente á convocatoria e ás bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade do posto de xefatura da Área de Obras e Servizos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 200, do 24 de novembro de 2020, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso de méritos, do posto de traballo vacante de xefatura da Área de Obras e Servizos, do persoal funcionario de carreira do Concello de Arteixo, pertencente ao corpo técnico, grupo A, subgrupo A1, perfil xurídico e aberto a outras administracións.

As instancias que soliciten participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da corporación, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 26 de novembro de 2020

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente