Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo apto para urbanizar residencial denso SAU RD 2 sito en Castrobó-Os Campóns.

Por acordo do Pleno do Concello de Cambre na súa sesión do 25 de marzo de 2010 aprobouse definitivamente o Plan de sectorización do solo apto para urbanizar residencial denso-2 das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre, sito en Castrobó-Os Campons, Sigrás, elaborado polos arquitectos Javier López Cabana, Eladio Castro López e César de Jesús Otero Grille promovido por Trasín Asesores, S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido nos artigos 82.2 e 88.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste plan de sectorización á disposición de calquera interesado é www.cambre.es.

Cambre, 9 de decembro de 2020

O alcalde
P.D. (R.A. núm. 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras