Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria de doce prazas de bombeiro condutor, polo sistema de concurso-oposición.

No BOP número 208, do 4 de decembro de 2020, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de 12 prazas de bombeiro condutor.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 17 de decembro de 2020

Ángel Manuel Mato Escalona
Alcalde