Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1302

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2021 (código de procedemento MR361A).

O Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1307/2001 e (CE) nº 1234/2007, o Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, e o Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola, regulan as disposicións sobre os programas de apoio que os Estados membros deben presentar á Comisión.

Unha vez aprobado pola Unión Europea o novo programa de apoio ao sector vitivinícola español 2019-2023, publicouse o Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, que recolle o conxunto de disposicións que desenvolven o referido programa. Este real decreto foi, no entanto, modificado e substituído polo RD 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español. Pola súa vez, este Real decreto foi modificado polos seguintes reais decretos: RD 608/2019, do 25 de outubro, polo que se modifica o RD 1363/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; RD 558/2020, do 9 de xuño, polo que se modifican distintos reais decretos que establecen normativa básica de desenvolvemento de regulamentos da Unión Europea en materia de froita e hortalizas e vitivinicultura; e RD 617/2020 do 30 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español. O Real decreto 1363/2018 e as súas modificacións posteriores introducen algunhas modificacións nas condicións de aplicación da medida de investimentos que hai que recoller na convocatoria das axudas.

Por outra parte, a experiencia adquirida na xestión destas axudas aconsella introducir algunhas modificacións e axustes técnicos na nova convocatoria para mellorar a súa xestión.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2021. O código do procedemento é MR361A.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas dentro da medida de investimentos do programa de apoio ao sector vitivinícola

Artigo 2. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos comprendicos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

d) As organizacións interprofesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, salvo nos casos de operacións de comercialización desvinculadas fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

4. Os ditos investimentos referiranse á produción, comercialización ou a ambas dos produtos vitivinícolas mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e que se producisen en territorio español.

Artigo 3. Actuacións, operacións e gastos subvencionables

1. Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar, polo menos, un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.

b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.

c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.

d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.

e) Fomentar a produción ecolóxica.

f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.

g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.

h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.

i) Fomentar os investimentos en comercialización.

j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (Industria Conectada 4.0).

Para a consecución dos ditos obxectivos estratéxicos, en cada operación deberán identificarse un ou varios dos obxectivos xerais cuxa relación non exhaustiva se presenta no anexo I. No suposto de que algún dos obxectivos xerais dunha operación concreta non se encontre recollido nesta relación, o dito obxectivo deberá ser especificado polo solicitante.

2. Serán subvencionables os custos das seguintes accións:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto.

c) Custos xerais vinculados aos gastos mencionados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.

d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

3. Non serán subvencionables os gastos descritos no anexo II desta orde.

Artigo 4. Contía das axudas

1. As axudas teñen a natureza de subvencións de capital e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda do investimento subvencionable indicadas no número seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante. Para determinar o tipo de empresa aplicaranse os criterios establecidos na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124 do 20/05/2003).

2. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipo de empresa solicitante

Microempresas, pequenas e medianas empresas (en diante pemes)

Empresas non pemes con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. €

Empresas non pemes con 750 ou máis empregados e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill. €

40 %

20 %

10 %

3. Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sen actividade económica, o cálculo da axuda farase proporcionalmente á participación de cada un dos produtores no investimento, de acordo co tipo de axuda que tería cada produtor de forma independente.

4. Para os investimentos noutros países da Unión Europea, terase en conta a súa localización para determinar a porcentaxe de axuda, de acordo cos tipos de axuda establecidos nos números anteriores.

Artigo 5. Requisitos adicionais

1. O solicitante deberá demostrar viabilidade económica da empresa, excepto cando sexa estatutariamente unha organización sen ánimo de lucro.

Deberá tamén demostrar que ten acceso aos recursos técnicos e financeiros suficientes para garantir que se execute a operación correctamente e que a empresa non está en situación de crise, tal como se determina no artigo 50, número 2, parágrafo terceiro, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, cada un dos integrantes deberá demostrar a capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios de forma independente de acordo coa súa participación no investimento, ou ben, alternativamente, que a dita asociación conta con esa capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios.

Entenderase que estes aspectos non quedan demostrados e, por tanto, o solicitante non poderá ser beneficiario da subvención, en calquera das seguintes circunstancias:

a) Cando a empresa se atope en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

1ª. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se acostuman considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

2ª. Tratándose dunha sociedade na cal, polo menos, algún dos socios ten unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

3ª. Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a petición dos seus acredores.

4ª. Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

1) A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2) A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na alínea 3ª do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise consonte a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, copia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

b) Cando a empresa se atope en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, fose declarada insolvente en calquera procedemento, se atope declarada en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estea suxeita a intervención xudicial ou fose inhabilitada consonte o Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da lei concursal, sen que teña concluído o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Cando os solicitantes ou beneficiarios non estean ao día nas súas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda) e fronte á Seguridade Social, ou teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda).

2. Os beneficiarios das subvencións deberán acreditar a durabilidade das operacións relativas aos investimentos durante os cinco anos seguintes desde a data do pagamento final da axuda.

Deberá reembolsarse a axuda, máis os correspondentes xuros de demora, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, no caso de producirse calquera das circunstancias seguintes:

a) O peche ou a relocalización dunha actividade produtiva fóra da zona do programa; ou

b) O cambio na propiedade dun elemento de infraestrutura que proporcione a unha empresa ou un organismo público unha vantaxe indebida; ou

c) O cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas a ela, obxecto da axuda, e deberase acreditar de maneira fidedigna ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes. En caso contrario, calquera suposto de reintegro sería exixible sobre o beneficiario orixinal da axuda.

3. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

4. As operacións de investimento estarán claramente definidas especificando as accións e a súa duración e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada acción e os custos estimados de cada unha delas. Igualmente, especificarase o obxectivo ou obxectivos estratéxicos e xerais a que cada acción pretende contribuír. En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo V desta orde.

As operacións deberán afectar orzamentariamente como máximo dous exercicios Feaga consecutivos inmediatamente seguintes ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda, salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

Só serán admisibles solicitudes por operacións anuais no caso de que os conceptos de gasto se limiten ao primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

As operacións obxecto de pagamento en dous exercicios Feaga deberán ter un mínimo do 50 % do importe dos conceptos de gasto aprobados incluídos no primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

Independentemente do disposto neste artigo, o órgano competente da Comunidade Autónoma poderá excepcionalmente autorizar que determinadas accións comprendidas nas operacións aprobadas poidan ser executadas e ser solicitado o seu pagamento no ano financeiro inmediatamente seguinte ao inicialmente previsto para a finalización das operacións, nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Do mesmo xeito, nos citados casos de forza maior ou circunstancias excepcionais non resultará de aplicación o mínimo do 50 % do importe dos conceptos de gasto aprobados incluídos no primeiro exercicio.

5. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no referente ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social ou a epígrafe do imposto de actividades económicas no momento da emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos consonte aos criterios e requisitos sinalados neste número.

6. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo os gastos sinalados no anexo II, 8, a) e b), que poderán terse en consideración se se producen dentro do ano anterior á data de solicitude de axuda. En todo caso, o inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica ningún compromiso por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

Artigo 6. Solicitudes

1. Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10 da Ley 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes deberán presentarse antes do 1 de febreiro do ano correspondente ao exercicio Feaga anterior ao que se pretenda presentar a solicitude de pagamento.

3. As solicitudes presentadas deberán conter, como mínimo, a información prevista nos anexos e:

– Cumprir co establecido nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa á medida de investimentos, así como a demais lexislación aplicable.

– Estar suficientemente desenvolvidas como para que se poida avaliar a coherencia das estratexias propostas cos obxectivos fixados polo solicitante e o probable efecto e éxito da operación na mellora do rendemento xeral da transformación ou comercialización, nas instalacións do solicitante e a súa adaptación ás demandas do mercado e o aumento da súa competitividade, de acordo cos criterios establecidos no anexo III.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo IV, xunto coa documentación adicional seguinte:

a) Memoria: anexo V debidamente cuberto.

b) Operación de investimento: co contido mínimo indicado no anexo VI.

c) Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo VII debidamente cuberto.

d) Documentación adicional:

1ª. Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar.

2ª. No caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

3ª. No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos últimos tres anos se son sociedades.

Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

4ª. No caso de que o solicitante elabore viño e embotelle máis do 51 % do viño elaborado e non pertenza a unha denominación de orixe protexida (en diante DOP), a unha indicación xeográfica protexida (en diante IXP) ou outra figura de calidade recoñecida, deberá presentar documentación acreditativa das elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda. No caso de que o solicitante sí pertenza a unha figura de calidade, a documentación acreditativa da cantidade de viño elaborado e embotellado poderá consistir nun certificado do consello regulador correspondente sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificada na campaña anterior.

5ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, certificado emitido por un experto independente que recolla os conceptos de gasto da solicitude de axuda relacionados coa eficiencia enerxética. Ademais, no caso de mellora de instalacións, a persoa solicitante deberá presentar tamén un certificado que acredite o aforro enerxético que se logrará cos investimentos obxecto da axuda relacionados coa eficiencia enerxética.

6ª. No caso de que o solicitante pretenda iniciar a actividade de transformación da totalidade da produción de uva propia, documento acreditativo da titularidade dunha viña.

7ª. No caso de que o solicitante pertenza a unha DOP, IXP ou agricultura ecolóxica, certificado de inscrición na dita figura de calidade.

8ª. No caso de que o solicitante elabore viño sen indicación xeográfica con indicación de colleita ou variedade, copia da etiqueta das botellas en que se visualice a anada ou variedade.

9ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados á implantación da industria 4.0 (industria conectada), informe da análise da madurez dixital da empresa a través da ferramenta de autodiagnóstico dixital avanzada (FADA).

10ª. No caso de operacións innovadoras recoñecidas no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

11ª. No caso de que o solicitante sexa unha entidade asociativa prioritaria (EAP) recoñecida para o sector do viño, debe achegarse certificado de inscrición no rexistro correspondente.

12ª. Certificación ambiental das instalacións do solicitante, segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) nº 761/2001 e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión ou a Norma ISO 14.001 ou Certificado Wineries for Climate Protection, se for o caso.

13ª. No caso de que o solicitante teña implantados sistemas de pagamento da uva por calidade, deben achegarse as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa ou calquera outro documento válido en dereito dos tres últimos anos.

14ª. Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de forma motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento orixinal ou da información orixinal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1. Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e o DNI/NIE no caso de persoa física.

2. Certificado da renda dos tres últimos anos.

3. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

4. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

5. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

6. Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

7. Consulta de concesións de subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Tramitación das solicitudes

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Subdirección de Industrias Agroalimentarias.

2. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales se solicita axuda.

4. A valoración e priorización das solicitudes, seguindo os criterios establecidos no anexo III, será realizada por un órgano colexiado presidido polo subdirector de Industrias Agroalimentarias e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección con categoría non inferior á de xefe de sección.

5. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias elaborará unha lista provisional coas solicitudes seleccionadas e priorizadas e remitiraa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación antes do 1 de maio en formato electrónico.

Xunto con esta lista provisional, deberá comunicarse unha estimación das necesidades financeiras para atender os pagamentos correspondentes a operacións aprobadas en anteriores convocatorias no exercicio Feaga en curso e seguinte. Esta cantidade terase en conta para a aprobación de novas operacións.

En caso de empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación na valoración da operación. Se persiste o empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación na suma das valoracións dos criterios 2.1, 2.2 e 2.3. Se aínda persiste o empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación no seguinte criterio que máis puntuación teña na Comunidade Autónoma ou na suma dos seguintes criterios que maior puntuación teñan, no caso de existiren varios criterios coa mesma puntuación na comunidade autónoma, e así sucesivamente. Se aínda persiste o empate, darase prioridade ás solicitudes presentadas en primeiro lugar segundo a data, hora, minuto e segundo do rexistro de entrada.

6. A partir das listas provisionais das solicitudes seleccionadas polas comunidades autónomas, a Dirección Xeral da Industria Alimentaria elaborará a proposta de lista definitiva e someteraa ao informe vinculante da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Non se incluirán na proposta de lista definitiva aquelas solicitudes que na fase de valoración non acaden un mínimo de 20 sobre 100 puntos.

En calquera caso, os fondos liberados por desistencias, renuncias, modificacións ou irregularidades pasarán a aumentar o orzamento dispoñible na medida de investimentos para o conxunto das solicitudes de todas as comunidades autónomas.

A lista definitiva de solicitudes aprobada en cada convocatoria xerarase para o conxunto das comunidades autónomas mediante a aprobación das mellores solicitudes de cada comunidade autónoma.

Os fondos dispoñibles para cada convocatoria asignaranse ás mellores solicitudes de cada comunidade autónoma proporcionalmente ao importe da axuda demandada para as solicitudes de cada comunidade autónoma no primeiro exercicio Feaga obxecto da convocatoria. Respecto ao segundo exercicio Feaga obxecto da convocatoria, asignarase a contía correspondente á segunda anualidade das operacións bianuais que fosen aprobados de acordo ao parágrafo anterior.

No caso da solicitude que marca o corte da lista provisional entre as solicitudes aprobadas e non aprobadas en cada comunidade autónoma, asignarase a parte da axuda ata esgotar os fondos asignados ás mellores solicitudes desa comunidade autónoma. Á parte da axuda que non se pode cubrir con orzamento do exercicio financeiro en cuestión, seralle asignado orzamento do exercicio financeiro seguinte.

A Conferencia Sectorial poderá diminuír os tipos de axuda establecidos no artigo 4 nun máximo de 10 puntos ata esgotar o orzamento dispoñible, exclusivamente no caso de que non se chegue a acadar un mínimo de cobertura do 50 % do número total de solicitudes a nivel estatal que acaden o mínimo de puntuación.

Artigo 11. Resolución de concesión

1. Unha vez emitido o informe da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural sobre a lista definitiva das solicitudes seleccionadas, a Consellería do Medio Rural ditará as resolucións correspondentes e notificaraas aos beneficiarios.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento será de seis meses, que comezarán a contarse a partir do día seguinte ao de remate do prazo de presentación das solicitudes. A Consellería do Medio Rural emitirá as correspondentes resolucións denegatorias motivadas para aqueles casos en que se desestime a solicitude de axuda e os recursos que, de ser o caso, procedan.

Transcorrido o prazo de seis meses sen que se notificase aos interesados ningunha resolución, estes poderán entender desestimada a súa solicitude consonte o disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. A resolución indicará especificamente a anualización aprobada para a execución dos investimentos. As anualidades establecidas indicarán o investimento que se debe executar e pagar en cada unha de elas, así como a data límite establecida para presentar a documentación acreditativa correspondente e cumprir outras condicións establecidas, de ser o caso. O número de anualidades, así como o investimento que se vai executar en cada unha delas, establecerase conforme a previsión de execución presentada coa solicitude de axuda, o informe da Conferencia Sectorial, as dispoñibilidades orzamentarias e a normativa de xestión.

3. No caso de resolución positiva, os beneficiarios deberán achegar ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes seguinte á notificación da resolución de concesión, a seguinte documentación:

a) Unha aceptación expresa dos termos da concesión de subvención ou, se é o caso, a renuncia.

b) Un documento acreditativo do depósito dunha garantía de boa execución, de acordo coas condicións previstas no Regulamento delegado (UE) nº 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro, por un importe do 15 por cento do montante do financiamento comunitario, coa finalidade de asegurar que o beneficiario execute as accións que forman parte da operación.

4. A Comunidade Autónoma deberá comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, antes do 1 de outubro de cada ano, as aceptacións, renuncias ou desistencias que se producisen dentro do procedemento, para os efectos de poder dispoñer dos fondos que se liberen, se for o caso.

5. Cando a resolución estimatoria dun recurso poida implicar a concesión dunha subvención, ou o seu incremento, e/ou a modificación do calendario de xustificación e pagamento da axuda, será preceptivo o acordo favorable previo da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, excepto cando sexa derivada dunha sentenza xudicial firme.

Artigo 12. Modificación das operacións de investimento

1. De acordo co previsto no artigo 53.1 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, o beneficiario poderá presentar modificacións da operación de investimento inicialmente aprobada, diferenciando dous tipos de modificación:

a) Modificación maior, cuxas especificidades se desenvolven no número 5,

b) Modificación menor, cuxas especificidades se desenvolven no número 6.

2. Todas as modificacións deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural e estar debidamente xustificadas. A Consellería do Medio Rural deberá avaliar todas as modificacións presentadas.

3. No caso de modificacións que afecten os conceptos e elementos subvencionados, deberá presentarse o anexo VII, no cal se indicará para cada elemento novo as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se é o caso, da elección da oferta económica distinta da máis ventaxosa, así como a copia de todas as ofertas solicitadas. A aceptación destas modificacións estará suxeita ao cumprimento deste requisito, así como ao establecido nos artigos 15 e 16.

4. As modificacións deberán cumprir as seguintes limitacións:

a) Non alterar os obxectivos estratéxicos ou xerais con que foi aprobada a operación.

b) Non alterar as condicións de elixibilidade.

c) Non xerar unha puntuación menor que a da solicitude que marca o corte na correspondente lista definitiva que obtivo informe da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

d) Non supoñer un cambio de beneficiario, salvo que o novo sexa resultante dun proceso de fusión, de compravenda ou unha transformación do tipo de sociedade ou personalidade xurídica, e non alterar as condicións tidas en conta para a concesión da axuda.

e) Non supoñer un traslado de pagamentos dun exercicio Feaga a outro posterior.

f) Non supoñer unha redución do investimento obxecto de axuda superior ao 40 % da inicialmente aprobada.

5. As modificacións maiores deben ser autorizadas con carácter previo á súa execución e requirirán unha resolución favorable expresa da Consellería do Medio Rural.

As modificacións maiores deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural antes do 1 de febreiro do exercicio Feaga en que se debe solicitar o pagamento dos investimentos obxecto de modificación.

A Consellería do Medio Rural comunicará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as modificacións maiores que se autorizaron antes do 1 de abril do exercicio Feaga correspondente.

6. As modificacións menores deben presentarse o máis tardar antes da comunicación de fin de actuacións ou da presentación da solicitude de pagamento.

Só poderán considerarse modificacións menores:

a) As transferencias de orzamento entre as accións dunha operación xa aprobada, sempre que sexa como máximo do 20 % do orzamento definido inicialmente para cada acción e sempre que se executasen todas as accións inicialmente aprobadas ou, se é o caso, modificadas, ou se estea en disposición de executar dentro dos prazos inicialmente previstos.

b) Cambios que supoñan un aforro global de ata o 20 % do importe inicialmente aprobado para cada acción.

c) Cambio de marca ou de provedor dunha máquina ou instalación, sempre que se manteñan ou melloren as súas características técnicas considerando aspectos como rendemento, consumos enerxéticos e mantemento.

d) Cambio no número de barricas, sempre e cando se manteña a capacidade total e as súas características de acordo coa tipoloxía prevista na epígrafe IV do anexo II.

Non obstante, o importe do investimento considerado subvencionable para os conceptos comprendidos nas letras c) e d) nunca poderá ser superior ao previsto na concesión de subvención.

7. Independentemente do citado neste artigo, a Consellería do Medio Rural poderá excepcionalmente autorizar modificacións que non se axusten ás condicións indicadas nos puntos anteriores nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

8. As modificacións que supoñan unha diminución dos orzamentos aprobados suporán a redución proporcional da subvención concedida.

9. As modificacións que supoñan un incremento dos orzamentos aprobados non suporán incremento da subvención concedida.

10. O beneficiario mantén a súa obriga de depósito de garantía de boa execución en razón dos importes calculados sobre a concesión de subvención inicial.

Artigo 13. Pagamento das axudas

1. O investimento deberá xustificarse e pagarse como máximo en dous exercicios Feaga, salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse antes do 1 de maio de cada exercicio.

No caso de que un beneficiario adiante a execución dunha ou varias actuacións inicialmente previstas, segundo o seu calendario de execución, para a súa xustificación no segundo exercicio Feaga obxecto da convocatoria, poderá presentar a solicitude de pagamento das ditas actuacións no mesmo prazo que as actuacións previstas para a súa xustificación no primeiro exercicio Feaga obxecto da convocatoria. Estas actuacións poderán pagarse sempre que existan fondos dispoñibles no primeiro exercicio obxecto da convocatoria.

3. É requisito imprescindible para ter dereito ao cobramento da subvención que os investimentos obxecto da axuda estean inscritos no Rexistro de Industrias Agrarias coa data límite establecida para a xustificación final da axuda.

4. As solicitudes de pagamento presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria de execución valorada, incluíndo, de ser o caso, a relación detallada das modificacións respecto da solicitude inicial. Se existen diferencias entre as actuacións previstas e as realizadas por causas excepcionais ou de forza maior, na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, deberán xustificarse ante a Consellería para a súa valoración.

b) Lista de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo B1, xunto cos xustificantes dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas, e das cales se entregará unha copia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, que deberá realizarse a través de entidades financeiras. O pagamento efectivo acreditarase presentando a copia do documento de pagamento (cheque, orde de transferencia, letra de cambio etc.) xunto co extracto ou certificado bancario que xustifique inequivocamente o seu cargo na conta bancaria do beneficiario. Non se admitirán os gastos pagados polo beneficiario en especie ou en metálico.

c) Declaración do beneficiario relativa ao financiamento dos gastos efectuados segundo o modelo B2. No caso de financiamento mediante créditos ou préstamos deberá presentarse ademais a copia da escritura de formalización destes, así como un certificado da entidade financeira no cal se indique se o préstamo procede de fondos públicos e se ten algún tipo de axuda. Nese sentido, para o cálculo das axudas implícitas nos préstamos procedentes de fondos públicos, seguiranse os criterios establecidos na Comunicación 2008/C14/02 da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e actualización.

d) Explicación das diferenzas existentes entre os custos previstos e os realizados, seguindo o modelo do anexo B3.

e) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, conforme o modelo establecido no anexo B4, e xuntando no caso de concesión, a copia da resolución correspondente.

f) Declaración do solicitante indicando que non está inmerso nun proceso de reintegro de subvencións.

g) No caso de adquisición de edificacións, deberase achegar, ademais, un certificado dun taxador independente debidamente acreditado, ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no cal se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, desagregando o valor do solo a prezos de mercado.

h) Rexistro sanitario.

i) Licenza de actividade do concello ou acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia con toda a documentación requirida.

j) Copia das páxinas do libro diario nas cales figuren os asentos das facturas dos gastos xustificados.

k) Copia das páxinas do balance de sumas e saldos relativas ás contas nas cales figuran os gastos xustificados.

l) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

5. As facturas xustificativas dos gastos realizados deberán incluír a relación detallada dos conceptos facturados e, no caso de maquinaria e equipamentos, deberán indicar ademais das súas características, a marca, o modelo e o número de serie da súa placa identificativa.

6. O pagamento da axuda estará supeditado á presentación das contas xustificativas do investimento, verificadas por un auditor de contas ou sociedade de auditoría inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas ou, na súa falta, á verificación por parte da Comunidade Autónoma das facturas e documentos mencionados anteriormente. Esta comprobación incluirá, como mínimo, unha inspección in situ para cada expediente de axuda.

7. Cando a operación se executou totalmente pero non queda acreditado un investimento subvencionable equivalente, polo menos, ao 60 % do inicialmente aprobado, non se aboará axuda ningunha e exixirase o reintegro das cantidades aboadas máis os xuros correspondentes e iniciarase o procedemento sancionador correspondente, se for o caso, salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

8. O beneficiario terá dereito á axuda unha vez que se confirme que se fixeron e comprobaron sobre o terreo unha ou varias das accións que forman parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, agás nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Nas axudas aprobadas en dous exercicios Feaga, o pagamento da axuda correspondente ás accións rematadas no primeiro exercicio Feaga terá o carácter de pagamento á conta. Cando se tramite un pagamento á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao final do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.

9. Só se poderá considerar favorable unha solicitude de pagamento cando quede acreditada a situación do beneficiario ao día respecto das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como polo reintegro de subvencións.

10. A axuda correspondente ao pagamento final pagarase unha vez que se confirme que todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda inicialmente aprobada ou modificada se executaron totalmente e foron obxecto de controis administrativos e sobre o terreo, excepto nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos, consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

11. Se se comprobar nos controis que non se executaron todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, inicialmente aprobada ou modificada, salvo por causas de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, non se pagará ningún importe de axuda. No caso de que xa se aboasen axudas por accións ou actuacións individuais que formen parte da operación global contida na solicitude de axuda, exixirase o reintegro das cantidades aboadas máis os xuros correspondentes. En ambos os casos, ademais, executarase a garantía de boa execución de acordo co artigo 14.

Artigo 14. Liberación e execución de garantías

1. A garantía de boa execución terá validez ata o momento do último pagamento.

2. A garantía liberarase cando a autoridade competente acorde a súa cancelación, logo de comprobación administrativa e sobre o terreo de que se realizou a operación e o beneficiario executou todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda inicialmente aprobada ou modificada e está acreditada a situación do beneficiario respecto das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como respecto ao reintegro de subvencións, excepto nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2, número 2, do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

3. No caso de que o beneficiario non execute todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda inicialmente aprobada ou modificada, executarase a garantía de boa execución nunha porcentaxe igual ao investimento subvencionable non xustificado respecto ao investimento inicialmente aprobado ou modificado.

Artigo 15. Incumprimentos

Se o beneficiario da axuda cumpre coas condicións establecidas na resolución de concesión executando e xustificando todos os conceptos e elementos dos investimentos aprobados nos prazos establecidos e cumprindo co resto dos requisitos establecidos, procederá a aboarse a totalidade da subvención concedida. En calquera outro caso considerarase que existe un incumprimento, que poderá ser parcial ou total.

1. Considérase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario non realice ou non xustifique nos prazos establecidos a totalidade do importe do investimento subvencionado, e o importe dos conceptos e elementos xustificados admisibles coincidentes cos aprobados representen como mínimo o 60 % do importe total do investimento subvencionable aprobado, e se cumpra co resto dos requisitos establecidos. Neste caso aboarase a parte proporcional da subvención correspondente ao investimento admisible, sempre que todas as accións estean totalmente executadas e se cumpran os requisitos establecidos nesta orde. Para estes efectos consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

2. Considerarase que existe un incumprimento total nos seguintes casos:

a) Cando o importe total dos gastos e elementos admisibles realizados e xustificados polo beneficiario que sexan coincidentes cos aprobados non alcance como mínimo o 60 % do investimento total subvencionable aprobado.

b) Cando non se executen e xustifiquen nos prazos establecidos todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, salvo nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

No caso de incumprimento total, o beneficiario non cobrará ningunha axuda e deberá devolver, de ser o caso, os importes xa percibidos, sen prexuízo das sancións establecidas no artigo 56 letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Considerarase, así mesmo, que existe un incumprimento cando o beneficiario non dispoña nos prazos establecidos na resolución de concesión dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, distintos da propia execución e xustificación dos investimentos subvencionables. Neste caso o incumprimento dará lugar á perda do dereito ao cobramento de ata o 100 % da axuda concedida, co reintegro, se for o caso, dos importes xa percibidos. Para estes efectos aplicaranse os seguintes criterios:

a) No caso de proxectos con axuda concedida que, finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional de dous meses contados desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicarase unha penalización á axuda que corresponda aboar ao beneficiario, que será de 400 € cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional dun mes contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, e de 900 € no caso de que o referido prazo de presentación sexa superior a un mes e non supere os dous meses.

b) No caso de proxectos en que, transcorrido o prazo máximo adicional de dous meses contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, non estea presentada toda a documentación exixida para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento total e o beneficiario perderá o dereito ao cobramento da totalidade da axuda concedida e deberá reintegrar, se for o caso, as cantidades xa percibidas, sen prexuízo das sancións establecidas no artigo 56, letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Ademais, sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, deberán terse en conta as causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Pagamentos indebidos, infraccións e sancións

1. No caso de que o beneficiario execute todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda inicialmente aprobada ou modificada, pero incumpra as obrigas formais que son asumidas como consecuencia da concesión da subvención, será considerada infracción leve segundo o previsto no artigo 56, letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e será sancionado de conformidade co previsto no artigo 61 da devandita lei, agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

2. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro aplicable será o de mora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado de cada exercicio.

3. O incumprimento do disposto nesta orde será sancionado, logo de instrución do procedemento sancionador, segundo o disposto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño, e nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais e outros casos previstos no artigo 64.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013, non se imporán as sancións, de conformidade co artigo 56 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

Artigo 17. Avaliación e seguimento da medida

1. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación intercambiará información, por vía electrónica, coas comunidades autónomas e o sector para garantir o seguimento da medida.

2. As comunidades autónomas remitirán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación antes do 1 de novembro de cada ano, e referido ao exercicio financeiro precedente, un informe anual do resultado das operacións de investimento. Para estes efectos, constituirase unha base de datos que incluirá os datos das solicitudes sobrantes nos órganos competentes das comunidades autónomas.

3. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, coa información facilitada polas comunidades autónomas a través da base de datos mencionada no número anterior e dos informes anuais do parágrafo anterior, realizará anualmente un informe xeral de avaliación da medida, acompañado, se for o caso, de propostas de modificación.

4. As comunidades autónomas facilitarán anualmente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación información sobre os custos das operacións executadas polas cales pagou a axuda, sobre a base dunha mostra de xustificantes de pagamento, co fin de revisar e, se for o caso, actualizar os importes fixados no anexo II.

Artigo 18. Controis

1. As actuacións de control serán realizadas conforme ao establecido na normativa comunitaria aplicable, fundamentalmente no previsto en materia de control no capítulo IV do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, así como na normativa estatal de aplicación e na presente orde.

2. A Consellería do Medio Rural articulará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control elaborado polo Fondo Español de Garantía Agraria en coordinación coas comunidades autónomas.

3. Como complemento ao plan xeral de control que se estableza, a Consellería poderá desenvolver todas as actuacións de control que considere precisas.

4. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a Consellería remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 19. Compatibilidade

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que estean recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1305/2013, relativos á axuda ao desenvolvemento rural, e as medidas que estean recollidas no Regulamento (CE) nº 1040/2002 da Comisión, do 14 de xuño de 2002, polo que se establecen normas particulares de execución das disposicións relativas á asignación dunha participación financeira da Comunidade para a loita fitosanitaria e se derroga o Regulamento (CE) nº 2051/1997, nin outras medidas financiadas por instrumentos financeiros da Unión Europea.

Non obstante, os compromisos de investimento aprobados a partir do 17 de setembro de 2018, financiaranse exclusivamente cos fondos do Programa de apoio ao sector vitivinícola español. Neste sentido, considerarase incompatible coa axuda a percepción de financiamento para o mesmo investimento, derivada do uso de instrumentos financeiros apoiados pola Unión Europea, en especial do Banco Europeo de Investimentos.

Tampouco se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción de viño, regulados ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1144/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello.

A percepción das axudas previstas nesta orde, para financiar a operación presentada, será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, poidan establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Para os efectos do artigo 27 do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, as comunidades autónomas garantirán a existencia dun sistema de control eficaz para evitar o dobre financiamento.

Artigo 20. Obrigas do beneficiario

1. O beneficiario deberá cumprir coas obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

2. O beneficiario deberá someterse, conforme o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, achegando toda a información que lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Réxime de recursos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Artigo 23. Notificación de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De acordo co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De acordo co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para 2021

Artigo 24. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas na sección primeira desta orde as axudas para a execución de medidas de investimento do sector vitivinícola para o exercicio orzamentario de 2021.

Artigo 25. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 29 de xaneiro de 2021.

Artigo 26. Financiamento

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía e farase con cargo ao concepto 14.04.713D.770.0 e proxecto 2014/00658 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 cunha dotación de 1.900.000 €, e para o ano 2022 cunha dotación de 1.750.000 €.

Esta dotación poderá verse incrementada nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como cos fondos transferidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na alínea b) do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que permite aprobar unha convocatoria de axudas nun exercicio orzamentario anterior ao da súa resolución cando existe normalmente crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para a cobertura orzamentaria do gasto.

Para tramitar esta orde aplícase adicionalmente o establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998, modificada respectivamente pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, relativas á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2021.

Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Disposición adicional única

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1307/2001 e (CE) nº 1234/2007, o Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, e o Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola; e no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; no RD 608/2019, do 25 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para la aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; no RD 558/2020, do 9 de xuño, polo que se modifican distintos reais decretos que establecen normativa básica de desenvolvemento de regulamentos da Unión Europea en materia de froitas e hortalizas e vitivinicultura; e no RD 617/2020, do 30 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, seral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007,do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Así mesmo, teranse en conta as instrucións específicas ditadas para a aplicación destas normativas pola Unión Europea, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a Consellería do Medio Rural en función das súas competencias.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Autorizase o/a director/a xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Relación non exhaustiva de obxectivos xerais das operacións

1. Investimentos directamente destinados á produción de produtos vitivinícolas (desde a transformación da uva ata o embotellamento, ou envasamento, e etiquetaxe do produto vitivinícola na adega):

a) Investimentos en cámaras de almacenamento frigorífico.

b) Investimentos noutras instalacións da adega.

c) Investimentos en obra civil:

i. Construción de novos inmobles.

ii. Mellora de inmobles.

iii. Adquisición de inmobles.

d) Investimentos en compra de maquinaria e/ou equipamentos:

i. Maquinaria e/ou equipamentos para a transformación da uva (pesaxe, prensaxe, etc).

ii. Maquinaria e/ou equipamentos de fermentación e/ou vinificación.

iii. Maquinaria e/ou equipamentos de tratamento de viños e mostos (filtración, sedimentación, clarificación etc).

iv. Maquinaria e/ou equipamentos de control de temperatura.

v. Equipamentos para o movemento e tratamento do viño na adega.

vi. Equipamentos para almacenamento, mestura, coidado posterior e envellecemento do viño.

vii. Equipamentos xerais para o embotellado, envasamento, etiquetaxe e embalaxe.

viii. Equipamentos específicos para a produción, almacenamento, embotellado e acondicionamento de viños espumosos.

ix. Software para a xestión da adega.

x. Equipamentos para a xestión de augas residuais e outros residuos.

e) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 1.

2. Investimentos directamente relacionados co control de calidade:

a) Investimentos en construción de laboratorios e dotación.

b) Investimentos en maquinaria e equipamentos, incluído o software para o control de calidade das materias primas, dos produtos e das condicións de produción e conservación.

c) Investimentos en equipamentos destinados a introducir normas de calidade ou sistemas de rastrexabilidade voluntarios, mesmo no caso de viños ecolóxicos.

d) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 2.

3. Investimentos directamente relacionados coa comercialización de produtos vitivinícolas:

a) Investimentos en establecementos de presentación e venda:

i. Obra civil, incluída a urbanización exterior (construción de novos inmobles, mellora de inmobles ou adquisición de inmobles). En relación coa urbanización exterior, só inclúe a explanación e urbanización cando se proxecte tamén unha superficie nova construída, entre o límite da parcela e o establecemento.

ii. Maquinaria e equipamentos, incluído software.

b) Investimentos en almacéns, centros loxísticos e oficinas comerciais:

i. Obra civil, incluída a urbanización exterior (construción de novos inmobles, mellora de inmobles ou adquisición de inmobles). En relación coa urbanización exterior, só inclúe a explanación e urbanización cando se proxecte tamén unha superficie nova construída, entre o límite da parcela e o establecemento.

ii. Maquinaria e equipamentos, incluído software.

c) Investimentos en equipamentos para a loxística e a comercialización dos produtos vitivinícolas.

d) Hardware, software, e/ou plataformas web para comercio electrónico destinadas exclusivamente aos produtos vitivinícolas.

e) Rexistro de marcas colectivas.

f) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 3.

4. Investimentos directamente relacionados con usos administrativos e/ou xerais:

a) Investimentos en obra civil, incluída a urbanización exterior:

i. Construción de novos inmobles.

ii. Mellora de inmobles.

iii. Adquisición de inmobles.

b) Investimentos en subministracións enerxéticas e acometidas de servizos (xeradores, transformadores, liñas eléctricas, subministración de auga, etc.)

c) Investimentos noutras instalacións e equipamentos, incluído software:

i. De uso administrativo.

ii. De xestión empresarial.

d) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 4.

ANEXO II

Gastos non subvencionables

A. Gastos non subvencionables.

Non se considerarán subvencionables os custos das seguintes accións:

1. Os investimentos de mera substitución.

2. A investigación.

3. Os investimentos que figuren na contabilidade como gastos.

4. Os gastos de constitución e primeiro establecemento.

5. A compra de terreos e os gastos relacionados con ela (honorarios de notario, xuros e similares).

6. A compra de edificios que vaian ser derrubados. Se a compra dun edificio é obxecto de axuda, o valor do terreo construído e o do que rodea o edificio, valorado por un técnico competente, non se considera subvencionable.

7. A compra de edificios ou locais se estes foron subvencionados nos últimos dez anos. Para isto xuntarase declaración das subvencións recibidas polo edificio ou o local durante os últimos dez anos. Tampouco serán subvencionables os investimentos en reformas de locais que fosen subvencionados anteriormente polas administracións públicas e non transcorresen cinco anos. En ambos os dous casos, o inicio do cómputo destes prazos comezará a partir da data máis tardía entre as de xustificación desa subvención ante a Administración competente ou o cobramento da dita axuda.

8. Traballos ou investimentos empezados ou realizados con anterioridade á data de solicitude de axuda, agás os seguintes gastos sempre que estean realizados dentro do ano anterior á data de solicitude de axuda:

a) Honorarios técnicos, estudos de viabilidade económica, técnica, xeotectónica, de mercado, avaliación de impacto ambiental e similares, adquisición de patentes e licenzas, e os permisos e seguros de construción.

b) Almacenamento de materiais de construción e encarga ou compra de maquinaria, mesmo o subministración, pero non a montaxe, instalación e proba.

9. A compra de material amortizable normalmente nun ano (botellas, embalaxes, material funxible de laboratorio e similares).

10. Obras de ornamentación e equipamentos de recreo.

11. As tarimas, caixóns-tarima e caixas de campo.

12. A compra e instalación de maquinaria e equipamentos de segunda man.

13. A compra de cubas, pipas e tinos de madeira de calquera capacidade, agás cando derive dun aumento da capacidade produtiva da adega, sexan de nova adquisición e teñan unha vida útil igual ou superior á durabilidade prevista no artigo 5. Ademais, para que estes elementos poidan ser subvencionados, deberanse cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

a) Cada un dos elementos obxecto de axuda deberá contar cun código alfanumérico ou matrícula, individualizado, no cal se incluirá o código asignado polo órgano xestor da solicitude de axuda. Este código deberá estar marcado de forma indeleble e facilmente accesible aos controladores da subvención.

b) Ao longo do período de durabilidade, estes elementos non poderán destinarse ao almacenamento de produtos distintos dos produtos vitivinícolas, nin almacenarse en espazos distintos dos dedicados a elaboración ou crianza.

c) Se, na data de presentación da solicitude de axuda, o establecemento conta con elementos deste tipo, os ditos elementos deberán estar inventariados ou ben o solicitante deberá demostrar documentalmente o número destes elementos de que dispón e a súa capacidade total na data de presentación da solicitude.

d) Con independencia do anterior, á hora de avaliar a capacidade de cubas, pipas e/ou tinos instalados nun establecemento non se terán en conta aqueles presentes no establecemento pero que non sexan propiedade da empresa solicitante, ou doutras con que manteña vínculos de asociación ou vinculación.

e) En todo caso, ao longo do período de durabilidade, o número neto de elementos en uso produtivo desta natureza propiedade do solicitante no establecemento, independentemente de que se atopen subvencionados, non poderá ser obxecto de diminución.

14. Os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou sitio en que se vai a realizar a operación de investimento.

15. As reparacións e obras de mantemento. Non teñen a consideración de reparacións as operacións realizadas sobre maquinaria instalada para ampliar a súa capacidade ou mellorar as súas prestacións.

16. Os debidos á aplicación do imposto sobre o valor engadido (IVE).

17. As taxas, as contribucións ou outros impostos.

18. As edificacións destinadas a vivenda.

19. Vehículos relativos a transporte exterior e vehículos que requiran de matriculación, incluídos remolques e carrozamentos especiais.

20. Os gastos de aluguer de equipamentos de produción e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro.

21. A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia. Neste sentido non serán subvencionables os honorarios de proxecto, dirección de obra ou asesoramento técnico cando no provedor dos ditos servizos concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Que estea vinculado laboralmente coa empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

b) Que teña a condición de socio da empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

c) Que teña facultades de administración e/ou representación sobre a empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

22. Os gastos por transaccións financeiras, xuros debedores ou de mora, as comisións por cambio de divisas e as perdas, así como outros gastos puramente financeiros.

23. As multas, sancións financeiras e gastos de procedementos legais.

24. Rótulos ou indicadores en vías públicas ou outros espazos públicos ou privados que non se atopen no establecemento, tenda, instalación, predio ou recinto do solicitante.

25. Investimentos en enoturismo.

26. Gastos de asesoramento ou elaboración da solicitude de axuda.

27. Compra de edificios ou instalacións que estean alugados ou noutro réxime de tenza polo solicitante na data da solicitude.

28. A adquisición de mobiliario, agás os seguintes:

a) O específico para laboratorios.

b) O correspondente a zonas de cata e exposición de produtos, agás cando nese establecemento se desenvolvan actividades de enoturismo.

29. Os gastos relativos á promoción (postos de exposicións, conferencias, folletos, catálogos, publicidade, etc.).

30. Os gastos pagados polo beneficiario en especie ou en metálico.

31. A explanación e urbanización, excepto cando se proxecte tamén unha superficie nova construída, entre o límite da parcela e o establecemento.

32. A demolición dun edificio existente con anterioridade á realización dun novo proxecto.

33. Traballos e instalacións necesarios para levar servizos de subministracións (por exemplo auga, luz, gas etc.) á parcela desde un punto externo dela.

B. Conceptos con módulos e outras limitacións.

O importe destes límites máximos aplicarase tamén como investimento máximo que se subvencionará para a adquisición de edificacións, incluído o seu acondicionamento ou reforma.

I. Urbanización.

Soamente se admitirán investimentos no peche da parcela, explanacións e firmes, coas seguintes limitacións en todo caso:

– Peches perimetrais de predios. O número de metros lineais máximo subvencionable será igual, en valor absoluto, á suma do número de metros cadrados construídos e/ou que se pretenden construír dentro do establecemento obxecto da operación de investimento, cun custo máximo admisible de 35 €/metro lineal, incluídos todos os elementos singulares distintos ás portas.

– Explanación e urbanización, incluída a dotación firme. O importe máximo subvencionable ascenderá a 30 €/metro cadrado obxecto de actuación. O número de metros cadrados máximo subvencionable será igual ao dobre da superficie nova construída. Só pode subvencionarse a explanación e urbanización cando se proxecte tamén unha superficie nova construída.

II. Edificacións.

O importe máximo subvencionable ascenderá a:

– 450 euros por metro cadrado construído, cando o investimento se execute en España.

– 500 euros metro cadrado cando o investimento se execute noutros países da Unión Europea.

Para a aplicación deste límite teranse en conta tanto os gastos de adquisición como os de obra civil en edificación nova ou reformada, incluíndo as súas divisións interiores. Para este fin, os ditos límites non poderán ser superados nin sequera nos supostos en que sobre unha mesma superficie se dean de forma simultánea máis de un deses gastos.

Neste límite non se terán en conta os gastos relativos a instalacións como saneamento, fontanaría, electricidade, telecomunicacións, climatización, ventilación ou outras similares.

Estas limitacións tamén serán de aplicación a viñotecas, salas de exhibición, puntos de venda e centros loxísticos.

III. Outras limitacións aplicables a zonas e equipamentos específicos.

No caso de superficies dedicadas a salas de catas ou dedicadas especificamente dentro da adega á exposición e venda polo miúdo dos produtos, a superficie máxima subvencionable será do 15 % da superficie da adega resultante tras a execución da operación.

IV. Outras limitacións ao importe do investimento auxiliable e á súa clasificación.

Os investimentos en estudos de viabilidade técnica e económica, así como a avaliación de impacto ambiental, serán admisibles sempre que o estudo se presente coa solicitude, sendo en todo caso o importe máximo admisible de 1.700 euros por cada un dos dous conceptos.

Os investimentos relativos á creación de tendas online limitaranse a 3.000 euros.

Cando entre os investimentos obxecto da axuda se inclúan cubas de madeira de entre 210 e 230 litros de capacidade, ás veces denominadas como bordalesas, estas deberán cuantificarse e orzamentarase de maneira diferenciada, en función da orixe da súa madeira, de acordo coa seguinte clasificación:

– De carballo francés.

– De carballo americano.

– De carballo mixto ou doutras orixes, para calquera outro tipo de cuba que non pertenza aos dous anteriores.

Anexo III

Criterios de valoración

1. Priorización de solicitantes. Máximo 30 puntos

Puntuación

1.1. Priorización das entidades asociativas prioritarias recoñecidas para o sector do viño (incluídas multisectoriais) de acordo co Real decreto 550/2014, do 27 de xuño, polo que se desenvolven os requisitos e o procedemento para o recoñecemento das entidades asociativas prioritarias e para a súa inscrición e baixa no Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias, previsto na Lei 13/2013, do 2 de agosto, de fomento da integración de cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario. Así mesmo, serán priorizadas as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño). Tamén serán priorizadas as entidades asociativas prioritarias rexionais ou figuras análogas reguladas a nivel autonómico, así como as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño).

1 punto

1.2. Priorización dos solicitantes asociativos (non acumulativos).

1.2.1. Cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís sempre que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT).

7 puntos

1.2.2. Asociacións, con personalidade xurídica propia, de dous ou máis produtores dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento 1308/2013, sexa directamente ou a través de sociedades e non mencionadas no punto 1.2.1.

4 puntos

1.4. Priorización de solicitantes cuxas instalacións dispoñen de certificación ambiental, que deberá ser achegada xunto coa solicitude.

1.4.1. Segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) nº 1221/2009) ou a Norma ISO 14.001.

1 punto

1.4.2. Certificado Wineries for Climate Protection.

1 punto

1.5. Priorización de empresas que teñan implantados sistemas de pagamento de uva por calidade para a totalidade dos pagamentos como mínimo durante os tres anos anteriores á data da solicitude. Será acreditado mediante a achega de normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa ou calquera outro documento válido en dereito. Non se considerarán dentro deste criterio os parámetros de calidade recollidos en pregos de condicións de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, xa que resultan de obrigado cumprimento para os operadores voluntariamente acollidos.

4 puntos

1.6. Priorización de operadores de produtos vitivinícolas ecolóxicos.

2 puntos

1.7. Priorización de operadores acollidos a DOP ou IXP.

4 puntos

1.8. Priorización de microempresas, pequenas e medianas empresas.

6 puntos

1.9. Priorización de solicitantes que sexan elaboradores de viño e embotellen máis do 51 % do viño elaborado. Para tal fin tomaranse como referencia as elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda.

4 puntos

2. Priorización de operacións. Máximo 70 puntos

Puntuación

2.1. Priorización das operacións con investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, sempre que isto supere o 30 % do importe do investimento no momento da solicitude. En todos os casos, o solicitante deberá achegar un certificado emitido por un experto independente que acredite un aforro enerxético mínimo do 15 % nos conceptos afectados polo investimento. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe II desta epígrafe.

13 puntos

2.2. Priorización das operacións con investimentos en uso de enerxías renovables exclusivamente para o seu propio consumo, sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe III deste epígrafe.

13 puntos

2.3. Priorización das operacións con investimentos en valorización, tratamento e/ou xestión de residuos e/ou depuración de efluentes líquidos sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude.

13 puntos

2.4. Priorización das operacións con investimentos destinados á transformación da totalidade da produción de uva propia do solicitante. Para tal efecto o solicitante non deberá ter a titularidade dunha instalación de elaboración dos produtos acollidos á presente orde e deberá achegar a titularidade dunha viña.

3 puntos

2.5. Priorización das operacións que se orientan en todo ou en parte á obtención de produtos ecolóxicos.

5 puntos

2.6. Priorización das operacións que se orientan en todo ou en parte aos produtos acollidos a réximes de calidade:(non acumulativos)

2.6.1. Denominación de orixe protexida.

13 puntos

2.6.2. Indicación xeográfica protexida.

10 puntos

2.6.3. Viño sen indicación xeográfica con indicación de colleita ou variedade.

3 puntos

2.7. Priorización das operacións que se orientan á comercialización nunha porcentaxe orzamentaria maior ou igual ao 30 %. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe I desta epígrafe.

2 puntos

2.8. Priorización das operacións destinadas á implantación da industria 4.0 (industria conectada). Para os efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe IV desta epígrafe. Ademais, o solicitante deberá presentar o informe da análise da madurez dixital da empresa a través da ferramenta de autodiagnóstico dixital avanzada l (Fada).

2 puntos

2.9. Priorización de operacións de investimento provenientes do resultado dun grupo operativo de innovación da Asociación Europea para a Innovación.

1 punto

2.10. Priorización de investimentos tanxibles orientados á implantación no seo da empresa de novos produtos e novas presentacións. Non se considerará unha ampliación ou mellora de algo xa existente nas instalacións do solicitante.

5 puntos

I. Priorización das operacións que se orienten á comercialización nunha porcentaxe orzamentaria maior ou igual ao 30 %.

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de comercialización:

(a) A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

– Establecementos de presentación e venda:

Adquisición/construción/renovación/modernización da infraestrutura de venda e instalacións de presentación.

a.1. Sempre que o establecemento non compaxine a súa actividade co enoturismo:

• Viñotecas.

• Salas de exhibición (exposición de produtos vitivinícolas).

a.2. Sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013:

• Salas de venda.

• Punto fixo de venda (polo miúdo) fóra das instalacións da empresa, no territorio nacional e noutros Estados membros da UE.

• Punto de venda nas instalacións da empresa (pero fóra das unidades de produción) (puntos de venda directa).

– Almacéns, centros loxísticos e oficinas comerciais:

Establecemento de almacéns, centros loxísticos ou oficinas comerciais sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013.

• Adquisición.

• Construción.

• Acondicionamento de edificios.

(b) A compra de nova maquinaria e equipamentos, incluídos os programas informáticos.

– Maquinaria e equipamentos para os establecementos de presentación e venda:

Maquinaria e equipamentos para as infraestruturas de venda e instalacións de presentación, sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 e non se compaxine o seu emprego con actividades de enoturismo:

• Viñotecas.

• Salas de exhibición (exposición de produtos vitivinícolas).

• Salas de venda.

• Punto fixo de venda (polo miúdo) fóra das instalacións da empresa, no territorio nacional e noutros Estados membros da UE.

• Punto de venda nas instalacións da empresa (pero fóra das unidades de produción) (puntos de venda directa).

– Almacéns, centros de loxística e oficinas comerciais:

Establecemento de almacéns, centros loxísticos ou oficinas comerciais sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013:

• Maquinaria e equipamentos.

• Instalacións tecnolóxicas.

Software.

– Equipamentos para a loxística e a comercialización do viño e sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013:

• Creación, desenvolvemento ou adaptación de plataformas loxísticas, para racionalizar e mellorar a organización da cadea de transporte no mercado nacional e internacional.

• Máquinas, instalacións tecnolóxicas ou equipamentos que inclúan software para ser utilizado no marco da distribución, loxística ou comercialización dos produtos.

Hardware, software, plataformas web para comercio electrónico e sempre que este se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013: hardware e software para o comercio electrónico

c) Rexistro de marcas colectivas.

II. Priorización das operacións con investimentos orientadas ao incremento da eficiencia enerxética, sempre que isto supere o 30 % do importe do investimento no momento da solicitude.

No caso de mellora de instalacións, o solicitante deberá achegar un certificado emitido por un experto independente que acredite un aforro enerxético mínimo do 15 %.

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de incremento da eficiencia enerxética:

– Illamentos térmicos e ventás que melloren a eficiencia enerxética.

– Iluminación de baixo consumo e LED en edificios.

– Equipamentos de climatización e arrefriadoras de auga de alta eficiencia enerxética.

– Caldeiras de alta eficiencia enerxética.

– Radiadores por auga a baixa temperatura e chans/teitos radiantes.

– Sistemas de climatización de distrito (district heating).

– Ascensores e elevadores de alta eficiencia enerxética.

– Sistemas de xestión, control e regulación da iluminación e climatización en edificación.

– Illamentos de equipamentos e tubaxes en industria.

– Arrefriadoras de auga de alta eficiencia enerxética.

– Caldeiras industriais de alta eficiencia enerxética.

– Calquera máquina con motor eléctrico de alta eficiencia enerxética.

– Variadores de velocidade electrónicos de motores eléctricos.

– Máquinas de absorción.

– Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios existentes.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior nos edificios existentes.

– Construción de novos edificios e rehabilitación de existentes con alta cualificación enerxética.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de frío comercial.

– Construción ou rehabilitación de edificios de consumo de enerxía case nulo.

– Auditorías enerxéticas.

– Mellora da tecnoloxía de equipamentos e procesos (MTD).

– Implantación de sistemas de xestión enerxética.

III. Priorización das operacións con investimentos en uso de enerxías renovables exclusivamente para o seu propio consumo, sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de uso de enerxías renovables:

– Enerxía solar.

• Térmica.

• Fotovoltaica.

– Bioenerxía.

• Biomasa.

– Enerxía xeotérmica.

– Enerxía eólica.

IV. Priorización das operacións de investimento destinadas á implantación da industria 4.0 (industria conectada).

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para efectos de implantación da industria 4.0:

1. Solucións de negocio e plataformas colaborativas:

a) Aplicacións innovadoras de xestión que procesen e dean uso á información obtida das actividades da cadea de produción vitivinícola, actividades de subministración, e comerciais, de forma conxunta en toda ou a maior parte da cadea de valor do solicitante.

b) Solucións de negocio interempresa utilizando sistemas ou elementos, físicos, virtuais ou ciberfísicos que permitan a interacción entre a empresa solicitante cun ecosistema determinado xa establecido (empresas, clientes, provedores e centros de investigación).

2. Tratamento masivo de datos, orientado a proxectos de innovación en materia de organización e procesos e que han enfocarse cara a solucións para a industria vitivinícola que traten sobre métodos, ferramentas de desenvolvemento para sistemas de datos intensivos e/ou aplicacións altamente distribuídas, sistema de visualización de datos e integración.

3. Robótica avanzada enfocada cara a solucións avanzadas de robótica para o sector industrial, entre outras, aumentar a capacidade cognitiva, robótica colaborativa persoa-máquina, percepción, configurabilidade, monitorización, capacidade de manipulación, navegación ou outras similares dos robots, así como nas súas aplicacións concretas aos procesos produtivos da empresa.

4. Sensores e sistemas embebidos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Operación de investimento

Constará como mínimo de:

A. Información técnica:

Incluirá unha memoria explicativa dos obxectivos estratéxicos e xerais, así como das accións que compoñen a operación obxecto de axuda, cunha xustificación razoada dos investimentos que é necesario acometer para atinxir eses obxectivos. Así mesmo especificaranse os recursos técnicos necesarios para garantir a realización da operación e indicarase a localización exacta dos investimentos, en particular cando se trate de investimentos en comercialización que se realizarán fóra de Galicia.

A iso engadirase unha relación desagregada e cuantificada dos investimentos en:

1.1. Urbanización: indicando dimensións, características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.2. Construcións: indicando dimensións e características (distribución de superficies e destino destas, xustificación do dimensionamento), medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.3. Instalacións: indicando dimensións e características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra, para cada tipo de instalación (auga, electricidade, vapor, depuración e tratamento de residuos, frío, etc.).

1.4. Maquinaria e equipamentos: indicando para cada liña de produción as características técnicas de cada elemento, así como o seu custo.

1.5. Estudos, proxecto, dirección de obra, e adquisición de patentes e licenzas: características e custos.

Incluirá, así mesmo, un resumo do orzamento previsto por accións.

Nos capítulos de edificios e construcións, instalacións e maquinaria indicarase a súa localización mediante os planos que se consideren necesarios. O dimensionamento e uso dos locais e superficies construídas deben xustificarse.

2. Planos.

Polo menos os seguintes:

– Plano de situación e localización.

– Plano en que se especifiquen, se for o caso, as actuacións previstas en urbanización, delimitando con precisión as superficies de actuación.

– Plano xeral do conxunto de obras e instalacións básicas, antes e despois do investimento.

– Plano de distribución da maquinaria e outras instalacións, antes e despois do investimento.

– Planos cotados de seccións e alzados antes e despois do investimento.

3. Xustificación dos investimentos.

Para o investimento obxecto da axuda, xustificarase o custo previsto da seguinte forma:

– Urbanización, construcións e instalacións: factura pro forma ou orzamento da empresa construtora ou instaladora e desagregado por unidades obra.

– Maquinaria, equipamentos e outros conceptos: ofertas ou facturas pro forma dos subministradores.

Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo. As ofertas solicitadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social ou a epígrafe do imposto de actividades económicas no momento da emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta agás, na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

– Deberán incluír como mínimo o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso, de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe de taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos consonte aos criterios e requisitos sinalados neste punto.

En todo caso o solicitante presentará todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar, xunto cun cadro resumo asinado e que figura como anexo VII, no cal se indicarán para cada elemento as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se for o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa.

4. Calendario de execución.

Indicarase o calendario de execución correspondente aos investimentos pagados e verificables fisicamente para cada anualidade (ata o 30 de abril).

B. Información xeral, económica, financeira e social:

Constará como mínimo de

1. Situación actual.

Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

Indicar o tipo de empresa (micro/pequena/mediana/non peme con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. €/non peme con 750 empregados ou máis e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill. €) tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124 do 20.5.2003). Conforme iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados, sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE, da seguinte forma:

• Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

• Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial ás cales se sumarán no seu caso:

– Os datos das empresas en que participa e/ou está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

– A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas en que participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

Se a empresa é de nova constitución, os datos que considerar serán os previsionais.

En todo caso se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, deben indicarse expresamente as empresas en que participa e/ou está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas. Deberá unirse, ademais, a copia das contas desas empresas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último ano, agás no caso de que o solicitante se declare non peme.

– Indicar si se trata dunha entidade asociativa prioritaria recoñecida para o sector do viño, presentando certificado de inscrición no correspondente rexistro.

– No caso de asociacións diferentes a SAT ou cooperativas de dous ou máis produtores dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento nº 1308/2013 que sexan titulares de explotacións agrarias, deberase presentar a xustificación da inscrición das explotacións no Reaga. Neste caso debe, ademais, indicarse a relación de todos os socios da empresa coas súas porcentaxes de participación.

– Indicar se as instalacións do solicitante dispoñen dalgún tipo de certificación ambiental.

– Produción: descrición do proceso. Capacidade de produción (referirase á capacidade inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias, de ser o caso). Instalacións e tecnoloxía dispoñible. Produtos vendidos: debe incluírse unha relación pormenorizada destes indicando os tipos, cantidades e os prezos de venda.

En caso de facturar produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida indicar tipos, cantidades e prezos de venda. Debe acompañarse, ademais, certificado de inscrición do consello regulador correspondente, así como certificado do consello regulador sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificado no último ano.

– Comercialización: indicar para cada tipo de produto os seus destinos e as principais canles de comercialización.

– Materias primas utilizadas: procedencia (produción propia ou adquisición a terceiros), relación con produtores. Indicar se a empresa ten implantados sistemas de pagamento de uva por calidade para a totalidade dos pagamentos como mínimo durante os tres anos anteriores á data de presentación da solicitude. Achegar, se for o caso, as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa ou calquera outro documento válido en dereito.

– No caso de materia prima propia ou dos socios da empresa ou cooperativa, indicar cantidades e porcentaxe sobre o total de materias primas utilizadas.

– No caso de que o solicitante non teña ningunha instalación de elaboración, sexa titular dalgunha viña e vaia transformar a totalidade da produción de uva propia, deberá achegar a documentación acreditativa da titularidade dunha viña.

– Outros consumos do proceso produtivo, indicando os prezos de compra.

– Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais e o período de ocupación (días/ano). Custo total.

– Outros gastos de explotación: servizos, gastos financeiros, amortizacións, subministracións,...

Xuntar balance e contas de resultados dos tres últimos anos. No caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos tres anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

2. Situación tras o investimento.

– Indicar en que medida o investimento afectará a capacidade de produción, tecnoloxía utilizada, producións, materias primas utilizadas, relación con produtores, comercialización, persoal contratado. Realizarase unha análise comparativa tendo en conta a situación inicial presentada no punto 1 e a incidencia dos investimentos sobre as materias primas utilizadas e os produtos transformados/comercializados.

– No caso de proxectos innovadores recoñecidos no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe indicarse expresamente e achegar certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

– No caso de novas industrias indicar expresamente as previsións a curto prazo nas relacións cos produtores galegos (materias primas agrarias de procedencia galega, contratos escritos ou homologados previstos).

– Contas de explotación previsionais para os tres exercicios consecutivos desde o fin dos investimentos. Estimaranse as variacións previsibles como consecuencia dos investimentos e respecto da situación actual nos seguintes aspectos:

– Vendas: volume e estimación xustificada do prezo probable da venda.

– Custos: compras de materias primas.

– Gastos variables: persoal, subministracións e servizos, portes, etc.

– Previsión de balances (en sociedades) e contas de resultados para os próximos tres anos.

3. Financiamento dos investimentos.

Recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos, indicando a repartición dos distintos préstamos subscritos ou que se pretendan subscribir cos seus respectivos tipos de xuros e prazos en anos. Outras fontes de financiamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file