Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 998/2019, seguido por instancia de Marcos Carro Naya contra Zoo Coruña, S.L., e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de salarios, se ditou Sentenza 464/2020, con data do 2 de decembro, en que se estimaba a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Zoo Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 4 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza