Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1027/2019, seguido por instancia de Román Raposo Rigueiro contra AR Instalaciones de Sistemas y Control Industrial, S.L. e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza 467/2020, con data do 2 de decembro, en que se estimaba parcialmente a demanda, e non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a AR Instalaciones de Sistemas y Control Industrial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 4 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza