Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1478

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 235/2020, do 3 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural o mosteiro de San Martiño Pinario e se delimita o seu contorno de protección e o da Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco de Val de Deus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a biblioteca pública Ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela.

O mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela é o conxunto barroco máis valioso existente en Galicia e un dos centros monásticos máis importantes deste territorio, referente na súa organización social, espiritual, económica, política e cultural ao longo da súa historia, centro dunha profusa actividade vinculada ao coñecemento e a hospitalidade que continúa hoxe en día.

O mosteiro de San Martiño Pinario é, así mesmo, un compoñente dun conxunto patrimonial de excepcional valor cultural, o conxunto histórico de Santiago de Compostela, incluído na Lista do patrimonio mundial da Unesco. Son abondosos os inmobles próximos declarados bens de interese cultural polo seus sobranceiros valores para o patrimonio cultural de Galicia. É o caso da Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco de Val de Deus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a biblioteca pública Ángel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela, declarados entre 1896 e 1985. Ningún deles dispón dun contorno de protección específico nas súas correspondentes declaracións.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución e segundo o artigo 27 do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. No seu exercicio aprobouse a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG), e no seu artigo 1.1 establece o seu obxecto na protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, de forma que sirva á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valorización e transmisión ás xeracións futuras.

No artigo 8.2 da citada lei indícase que: «Terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei.».

Pola súa parte o artigo 10.1.a) define o monumento como «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico».

O artigo 87 establece que o patrimonio arquitectónico está formado «polos inmobles e os conxuntos destes, e as obras da arquitectura e da enxeñaría histórica ás cales se lles recoñeza un papel relevante na construción do territorio e na súa caracterización cultural e sexan testemuño dunha época histórica ou dos cambios na forma de entendela», e no artigo seguinte, 88.1.b), menciónase que concorre un significativo valor arquitectónico, entre outros, nos «edificios relacionados co culto relixioso católico e doutras confesións, aínda que perdesen o seu uso, como catedrais, mosteiros, conventos, colexiatas, igrexas, ermidas, capelas, seminarios ou casas reitorais, construídos con anterioridade a 1836».

De igual xeito, o artigo 88.1.c) manifesta que: «Os edificios e construcións propios da arquitectura civil que servisen para uso público comunitario, como casas consistoriais, pazos provinciais, teatros, hoteis, hospitais, sanatorios, alfándegas, mercados, fundacións en Galicia de agrupacións de emigrantes ou centros de ensino, construídos con anterioridade a 1926» e o artigo 88.1.d) establece o seguinte: «Os edificios destinados ao uso privado ou os conxuntos dos ditos edificios, de carácter rural ou urbano, construídos con anterioridade a 1803, que constitúan testemuño relevante da arquitectura tradicional rural ou urbana ou que configuren o carácter arquitectónico, a fisionomía e o ambiente dos centros históricos das cidades, vilas e aldeas e dos núcleos tradicionais».

Son múltiples, por tanto, os valores e as tipoloxías de bens culturais que atesoura o mosteiro de San Martiño Pinario e os seus compoñentes e partes integrantes, e as súas características xustifican a clasificación e recoñecemento co máximo nivel de protección patrimonial, do cal ata o de agora carecía.

Así mesmo, considérase apropiada e oportuna a declaración no mesmo acto da delimitación do contorno de protección conxunto para os bens de interese cultural próximos que contan coa categoría de monumento, coñecendo e tendo en conta que son partes inseparables e intimamente relacionadas dun conxunto aínda maior que é toda a cidade histórica de Santiago de Compostela, declarada, así mesmo, ben de interese cultural coa categoría de conxunto histórico.

O ámbito urbano, os inmobles, vías e espazos públicos e os terreos e predios que quedan incluídos na delimitación do contorno de protección, segundo o previsto no artigo 11.2 da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, e no artigo 12.2 da LPCG, correspondente a todos e cada un dos bens de interese cultural devanditos. Esta delimitación non implica unha variación do previsto no artigo 58.1 da LPCG, referido ás competencias específicas de autorización en áreas ordenadas mediante plans especiais de protección de bens inmobles de interese cultural, e que indica que os concellos serán competentes para autorizar as intervencións que desenvolven os plans especiais de protección dos conxuntos históricos, incluídas as dos contornos de protección dos bens declarados de interese cultural individualmente dentro do seu ámbito, ben que si permitirá o axuste da actual delimitación recollida no documento de plan especial e resultará un complemento para a protección dos espazos que se incorporan.

Ademais, en relación cos ben mobles existentes, alén do excepcional conxunto de retablos e figuras que como compoñentes e partes integrantes do monumento se consideran parte inseparable del, en San Martiño Pinario existe un conxunto relevante para o cal cómpre ter conta o especificado tanto no artigo 83.1 da LPCG (que establece que integran o patrimonio artístico de Galicia as manifestacións pictóricas, escultóricas, cinematográficas, fotográficas, musicais e das restantes artes plásticas, de especial relevancia, de interese para Galicia); como no artigo 106, referido ao valor cultural do patrimonio científico e técnico dos bens e coleccións que as ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber (incluídos os instrumentos e aparellos científicos, as coleccións de animais e vexetais, minerais, figuras plásticas para o estudo anatómico humano ou animal, modelos planetarios, cristalográficos e outros...); así como lo que establece o artigo 110.1 para o patrimonio bibliográfico galego, constituído polos fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural.

Á vista da importancia de todo o conxunto monástico de arquitectura extraordinaria, subliñada pola excepcionalidade de zonas representativas como o claustro das procesións, a botica, e a igrexa, o emprego de solucións construtivas innovadoras en elementos como as escaleiras e as extraordinarias dimensións da edificación, que o colocan entre os máis grandes do territorio nacional, identifican o mosteiro de San Martiño Pinario como ben sobranceiro do patrimonio cultural de Galicia, polo que semella oportuna e necesaria a declaración como ben de interese cultural.

Así mesmo, á vista do feito da carencia de contornos de protección específicos dos monumentos declarados no seu ámbito inmediato, estímase tamén xustificada a delimitación dun contorno de protección que, pola súa proximidade, será común a todos eles.

Para os conxuntos e coleccións, así como para aqueles bens mobles do patrimonio artístico localizados en San Martiño Pinario de diferentes características, recoñécese o seu valor notable para o patrimonio cultural de Galicia e en relación con el clasifícanse como parte do Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Na medida en que no desenvolvemento de traballos específicos ou de investigación sobre as coleccións de bens mobles indicados se relacionen con precisión os seus compoñentes e se acredite o seu valor sobranceiro, poderá avaliarse a procedencia da súa declaración como ben de interese cultural.

Á vista do anterior, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acordou a incoación do procedemento de declaración como ben de interese cultural, pola resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, número 209, do 4 de novembro de 2019, pola cal se abriu un período de exposición pública dun mes en que non se presentaron alegacións.

No expediente consta un informe previo xustificativo do valor cultural sobranceiro de San Martiño Pinario e sobre o conxunto de bens mobles do monumento da Universidade de Santiago de Compostela de xaneiro de 2018, así como o informe da Real Academia Galega de Belas Artes de decembro de 2019, favorables á consideración do valor cultural sobranceiro do monumento, necesarios na tramitación do expediente segundo o establecido no artigo 18.2 da LPCG.

En novembro de 2020 o Consello da Cultura Galega emite un informe favorable ao recoñecemento do valor sobranceiro do mosteiro de San Martiño Pinario, ben que recomenda unha serie de revisións de aspectos diferentes sobre os contidos e alcance da información incorporada na incoación do procedemento.

Estas recomendacións tomáronse en consideración na procura dunha maior claridade na descrición do ben e dos seus diferentes compoñentes, e outras cuestións poderán ter aplicación en expedientes ou procedementos futuros relacionados co monumento ou non.

Na tramitación do expediente, por tanto, cumpríronse todos os trámites legalmente preceptivos de acordo coas disposicións vixentes.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de decembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

1. Declarar ben de interese cultural o mosteiro de San Martiño Pinario e os seus compoñentes e partes integrantes, coa categoría de monumento, segundo a descrición e réxime de protección que figura no anexo I.

2. Inscribir no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia a relación de bens mobles enumerados no anexo II deste decreto.

3. Delimitar o contorno de protección conxunto para o mosteiro de San Martiño Pinario, a Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco de Val de Deus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a biblioteca pública Ángel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela, segundo a descrición gráfica e literal exposta no anexo III.

Segundo. Inscrición

Ordenar as inscricións respectivamente no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, e comunicarlla ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural e ao Inventario xeral de bens mobles da Administración xeral do Estado.

Terceiro. Publicidade

Este decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Cuarto. Notificación

Este decreto notificarase ao Concello de Santiago de Compostela e ás persoas interesadas identificadas no expediente.

Quinta. Recursos

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación ante o órgano que ditou o acto ou, directamente, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Eficacia

Este decreto terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Incorporación ao planeamento urbanísitico

En virtude do recollido no artigo 35.5 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela deberá incorporar as determinacións da declaración ao seu planeamento urbanístico, sen que a devandita obriga modifique a competencia municipal para a autorización das intervencións previstas no vixente plan especial do conxunto histórico segundo o recollido no artigo 58.1 da devandita lei.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Descrición do ben

1. Denominación: mosteiro de San Martiño Pinario.

2. Localización:

• Enderezo: Praza da Inmaculada, Santiago de Compostela (A Coruña).

• Coordenadas centrais: UTM ETRS 89 FUSO UTM 29: X: 537.213; Y: 4.747.817.

3. Descrición histórica:

O mosteiro de San Martiño relaciónase desde a súa orixe co descubrimento do sepulcro do Apóstolo, xa que desde os primeiros anos do século X existía este cenobio e era esta comunidade a encargada da custodia do culto apostólico.

Por razóns de espazo, a comunidade mudouse a un segundo soar, ao norte do Locus Sanctus, no lugar que acabará sendo a rúa da Acibecharía, situado entre a primeira e a segunda muralla da cidade medieval, razón pola que recibiu o nome de San Martiño «de Fóra». Este soar ocupaba un lugar denominado Pignario, topónimo que parece aludir á presenza de piñeiros nas inmediacións.

A finais do século X, o bispo Pedro de Mezonzo e os señores do Lugar Santo acordaron que se fabricase dentro do claustrum de Pinario un pequeno habitaculum Dei, en honra do bispo e confesor Martiño de Tours. Por tanto, o primeiro elemento arquitectónico edificado no soar de Pinario foi o claustro, cunha comunidade de monxes aínda moi vinculada á Igrexa de Santiago, da cal, paulatinamente, se distanciará ata chegar a conformar as novas instalacións e unha comunidade completamente segregada daquela, para converterse en mosteiro beneditino.

Consta na documentación que a primeira igrexa románica do mosteiro foi consagrada, o 2 de novembro de 1102, polo bispo don Diego II. A partir deste momento, debeuse iniciar a construción dun novo claustro encostado á igrexa. Co paso do tempo, os monxes bieitos foron perdendo protagonismo na custodia do sepulcro do apóstolo en beneficio dos cóengos da catedral que, mediante a Concordia de Antealtares (1077), se converteron en únicos responsables do culto na catedral.

A partir do século XII o mosteiro viviu unha época de auxe que o levou a converterse no máis rico e poderoso de Galicia, con rendas en toda a rexión e uns ingresos cuantiosos. Pero esta etapa de expansión viuse freada pola relaxación moral e relixiosa, que propiciou a decadencia económica da abadía.

A crise espiritual, económica e material dos mosteiros galegos durante o medievo conduciu á desaparición dos abades comendatarios por imposición dos Reis Católicos, que determinaba que o mosteiro reformado de San Martiño Pinario quedaba en condiciones de ser incorporado á Congregación de San Bieito de Valladolid, cuxos monxes entran no mosteiro compostelán no mes de febreiro de 1494.

O mosteiro moderno nace da suma das tres abadías medievais estreitamente vinculadas ao culto de Santiago: Pinario, Antealtares e San Pedro de Fóra, consolidando deste xeito unha comunidade beneditina, grazas ás encomendas dos Reis Católicos, para garantir a atención aos peregrinos e converténdose en casa matriz da rexión.

Foron anos de prosperidade económica procedente de rendas e terras, que propician unha grande actividade intelectual e un esplendor da actividade artística, ligada ás reformas e obras novas que se realizaran ao longo dos anos, e traen a Santiago grandes artistas procedentes de toda a Península Ibérica. O resultado da achega destes grandes mestres foi a reforma dunha das fábricas máis poderosas de Galicia, que se constitúe en imaxe de poder fronte á catedral e a cidade.

A Desamortización supuxo a exclaustración do mosteiro e seu abandono definitivo en 1835, o que supón, desde o punto de vista patrimonial, unha renovación das ocupacións do mosteiro, que comeza a sufrir un proceso de utilización civil e serve como sede a institucións diversas.

Estes usos implican un proceso de habilitación progresiva das distintas dependencias do mosteiro para adaptarse ás novas necesidades, feito que terá como consecuencia a conservación e restauración patrimonial do monumento.

Esta formulación de actuacións de rehabilitación adquire unha dinámica máis intensa desde os anos sesenta do século XX ata a actualidade, e mantén unha coherencia entre o pasado do edificio e os novos usos: o antigo seminario conciliar muda a seminario maior, como centro oficial da formación superior; crease o Arquivo Histórico Diocesano e o Museo Diocesano; a sede da Delegación da Pastoral Universitaria; a biblioteca do Seminario Conciliar; a sede do Instituto Teolóxico Compostelán, que suporía a implantación da Facultade de Teoloxía; o Centro do Proxecto Home en Galicia; a Delegación Pastoral Vocacional; a libraría Egeria; e, finalmente, a Escola Universitaria de Traballo Social e a residencia de estudantes.

4. Descrición formal. Compoñentes e partes integrantes do inmoble.

4.1. Situación.

A orixe da comunidade cenobítica de San Martiño Pinario remóntase probablemente á época do bispo Sisnando I, nos últimos anos do s. IX ou primeiros do s. X, cando un grupo de bieitos se asentou, pouco despois do descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago, no lugar chamado Pignario, próximo á capela da Corticela.

O conxunto abrangue desde o límite co conxunto catedralicio e os pazos arcebispais ao sur ata o límite da traza da antiga muralla da cidade ao norte, ocupando o templo unha posición central que separa as construcións urbanas das hortas, nunha localización privilexiada pola súa relación directa cos principais accesos á cidade.

4.2. Igrexa.

A igrexa de San Martiño Pinario foi o primeiro templo que os bieitos levantaron en Galicia tras o Concilio de Trento, na Idade Moderna, e por iso nela ensaiaron solucións novas que marcarán o posterior desenvolvemento das construcións da orde, establecendo un modelo eclesial de ampla difusión na península: un plan de cruz latina dunha soa nave con capelas laterais no corpo e cabeceira recta cun amplo presbiterio entre dúas sancristías. O proxecto xeral da igrexa foi encargado ao portugués Mateo López, que xa traballara noutras abadías beneditinas galegas.

A fachada da igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario, realizada polo arquitecto luso Mateo López en 1597, presenta un gran retablo pétreo estruturado en tres corpos e tres rúas, separadas estas últimas por columnas estriadas con motivos decorativos e xeométricos, no cal se desprega un complexo programa iconolóxico en que interveñen profetas, apóstolos e, no pano central, os máis preclaros varóns bieitos baixo a protección da Virxe María.

O interior da igrexa de San Martiño Pinario, deseñado polo mesmo arquitecto, presenta unha única nave lonxitudinal, cuberta con bóveda de canón de falsos casetóns. Na nave central ábrense seis capelas laterais, tres a cada lado da nave principal, comunicadas entre si e cubertas con bóvedas de canón casetonadas. A planta remátase cun inusual presbiterio de cabeceira recta, menor altura que a nave e grandes proporcións. Aos pés, sobre os dous últimos tramos da nave, sitúase o coro alto, sustentado por unha bóveda plana casetonada realizada xa no século XVIII, que presenta a peculiaridade da alternancia de pedra e madeira que imita pedra para aliviar o seu peso.

Á morte de Mateo López, a comunidade relixiosa contrata un novo arquitecto, o baezano Bartolomé Fernández Lechuga, que realizará variadas obras en todo o mosteiro, entre as cales se encontra a enorme cúpula sobre pendentes que remata o cruceiro da igrexa.

En 1685 realizaríanse os balcóns laterais que parten do coro alto e chegan ata o cruceiro, apoiados estes nunhas incribles ménsulas con decoración vexetal que se torna humana.

Seguindo a tradición portuguesa, a capela maior de San Martiño presenta un alongamento moi pronunciado para o que era habitual en España, que foi aproveitado polos monxes para colocar o retrocoro tras o altar maior, que tamén serviu para situar baixo o pavimento unha cripta panteón destinada a albergar os restos dos monxes da comunidade.

A este espazo accedíase a través dunha escaleira, hoxe tapiada, que foi descuberta en 1991. Así pois, este espazo convértese en extraordinario, ao ser de uso exclusivo da comunidade, que comparte os seus rezos e cánticos cos monxes que xa non están con eles. Neste lugar, atópase, por tanto, o cadeirado de San Martiño Pinario, estreitamente ligado á oración e estruturado para respectar a xerarquía tradicional monástica. Mateo de Prado realizou a obra entre 1639 e 1647, seguindo modelos de Gregorio Fernández. Son cento corenta e nove taboleiros de nogueira, trinta e cinco na parte baixa, corenta e cinco na alta e os restantes no gardapó ou noutros paneis decorativos nas entradas e recunchos. No eixo lonxitudinal do balcón que coroa o conxunto de cadeiras, un retablo de fornela única cun altorrelevo policromado da Inmaculada Concepción, obra de José Gambino datada cara ao 1766. Sobre este balcón, nos lados maiores da estancia, colocáronse, arredor do ano 1773, dous órganos enfrontados, seguindo a tradición ibérica. O entallador Miguel de Romay concibe un conxunto en que combina anxos músicos con motivos ornamentais vexetais, no cal desenvolve a parte musical frei Manuel Rodríguez Carvajal. Na actualidade carecen de mecanismo metálico interior.

Capela da Virxe do Socorro.

Ao redor de 1739, Fernando de Casas y Novoa comeza a construción da capela da Virxe do Socorro, organizada en planta lonxitudinal, pero co espazo centralizado coa cúpula casetonada sobre pendentes. A estrutura adáptase perfectamente á arquitectura e articúlase con pilastras e columnas salomónicas arredor dunha fornela central e coa imaxe da Virxe do Socorro, sobre a cal o ático serve para mostrar un altorrelevo co episodio da Presentación de María no templo. Nesta capela tamén hai dous retablos laterais xemelgos, atribuídos a José Ferreiro e datados entre 1787 e 1789. O ciclo de pinturas murais desta capela, realizadas por Juan Antonio García de Bouzas no século XVIII, representan San Gregorio Magno, San Bieito, Santo Ildelfonso e San Bernaldo, e os profetas do Antigo Testamento nos tondos das pendentes.

Capela de Santa Escolástica.

A seguir está a capela de Santa Escolástica, cun retablo de estética neoclásica trazado por frei Plácido Camiña entre 1773 e 1777, con grandes columnas corintias de madeira, policromadas simulando mármore, que sosteñen un entaboamento sobre o cal se apoian unhas pilastras tamén corintias que serven de base a un frontón semicircular. Detrás da santa, irmá xemelga de San Bieito e fundadora da rama feminina da orde, unha superficie acristalada que permite o paso da claridade crea xogos de luces e sombras. A imaxe da santa, realizada por José Ferreiro, preséntase no seu ascenso aos ceos, axudada por un anxo, mentres que outro a espera coa coroa da gloria nas súas mans.

Cruceiro da igrexa.

O cruceiro da igrexa está ocupado por un extraordinario conxunto formado por tres retablos, o maior custodiado por dous laterais xemelgos, realizados no século XVIII polo entallador Miguel de Romay con deseños de Fernando de Casas y Novoa, e presenta una síntese da iconografía e doutrina da orde beneditina.

Reixas.

Esta zona do cruceiro da igrexa está rotundamente separada da nave da igrexa por unha espectacular reixa forxada entre 1730 e 1733 seguindo o deseño de Fernando de Casas Novoa. A súa superficie está ricamente decorada con róleos, volutas e curvas en forma de C. Posteriormente, cara a 1785, frei Plácido Camiña realiza as reixas que pechan as capelas laterais da nave, seguindo o modelo de Fernando de Casas, aínda que cun debuxo menos elaborado.

Retablo maior.

O retablo maior, concibido como retablo-baldaquino, presenta dúas caras, a posterior cara ao trascoro e a principal cara á nave central da igrexa. A estrutura de madeira dourada remata nunha forma piramidal que chega ata a bóveda de canón policromada que cobre a zona do presbiterio e presenta unha decoración realizada a base de columnas salomónicas, volutas, perlarios, follas de acanto e miúda decoración vexetal. O discurso iconográfico articúlase a partir do grupo escultórico central da Trindade coroando a Virxe, flanqueada por San Pedro e San Paulo. Encima, o escudo real utilizado en España entre 1700 e 1761, co escudete central da Casa de Borbón, flanqueado nos extremos polas figuras ecuestres de Santiago Matamouros e San Millán de la Cogolla. Nun nivel superior, unha grande estrutura rectangular acubilla a escultura de vulto redondo da Apoteose de San Martiño de Tours como bispo. Todo o conxunto está coroado por un San Martiño ecuestre partindo a capa cun pobre. Arredor de 1760, os monxes encargan o peche dos laterais do retablo maior a José Gambino.

Capela do Cristo da Paciencia.

Na capela do Cristo da Paciencia, José Ferreiro crea para o oco central do retablo en 1784 un calvario de vulto redondo sobre un fondo plano e decorado.

Capela de Santa Xertrude a Magna.

Do mesmo autor e cronoloxía é a capela de Santa Xertrude a Magna, representada na súa apoteose, o que permite ao artista crear unha composición dinámica na cal a santa, acompañada por anxos, sobe aos ceos, onde a esperan Cristo, a Virxe e San Xoán. Curiosamente, a parte central deste retablo ábrese para converterse en porta de acceso ao claustro procesional.

Capela de San Bernaldo.

Xa á altura da entrada da igrexa polo seu muro sur, a capela de San Bernaldo, trazada por frei Plácido Camiña, imita na súa estrutura a de Santa Catarina, que se atopa xusto enfronte, e presenta na fornela central unha imaxe do santo que podería encadrarse no taller de José Ferreiro.

Coro alto.

Desde o ano 2002-2004 o coro alto exhibe o cadeirado realizado para a catedral de Santiago, que foi encargado polo arcebispo San Clemente entre 1603 e 1604 para substituír o antigo coro pétreo alí existente, construído e labrado polo mestre Mateo e o seu obradoiro sobre 1200 e que ocupaba os primeiros catro tramos da nave maior.

As pezas deste vello coro pétreo reutilizáronse durante os primeiros anos do s. XVII na propia catedral compostelá, en especial na Porta Santa algunhas, e outras como imaxes de culto. Pero a maioría serviron de material de construción nas diversas obras en curso: escalinata do Obradoiro, recheo do patio e coxías do claustro e edificios anexos. Outras saíron da catedral e empregáronse en diversos lugares do territorio galego.

A derruba deste coro medieval foi sucedida por un novo cadeirado de madeira máis acorde coas novas disposicións tridentinas; en especial coidouse que a cadeira do arcebispo ocupase un lugar preeminente que coincidise co centro do testeiro.

Os encargados desta obra foron os escultores Xoán Davila e Gregorio Español, que o remataron o 11 de xullo de 1608. Partindo dun eixe central formado pola cadeira arcebispal limitado por unhas escaleiras, desenvólvense trinta e cinco cadeiras na súa parte inferior para os titulares, que representan bustos en relevo dos pais da Igrexa latina e da oriental xunto a catro das virtudes, mártires, virxes e santos fundadores de ordes relixiosas. Enriba, corenta e nove cadeiras destinadas aos cregos.

O gardapó mestura a forma rectangular da escena coa separación de columnas para presentar feitos heroicos levados a cabo polos membros da igrexa anteriormente presentados, presididos pola fornela enmarcada nun frontón en que se mostra Santiago ecuestre.

Este coro lígneo cumpriu a súa función ata mediados do s. XX cando, despois de varias vicisitudes, a Dirección Xeral de Belas Artes en 1944 ordenou retirar unha parte do coro, xa parcialmente desmontado. Ao non dispor a catedral dun espazo suficiente para a súa montaxe trasladouse ao coro alto do mosteiro de San Martiño Pinario, pero nos anos 70 volveuse trasladar ata o presbiterio da igrexa de Sobrado dos Monxes, no cal permaneceu ata 2003, cando se decidiu volver ao coro alto de San Martiño, onde foi restaurado e volto a montar.

Oratorio de San Filipe Neri.

Completando a cabeceira, a ambos os dous lados da capela maior atópanse a capela de San Filipe Neri, no muro meridional e a statio no setentrional, dúas estancias concibidas por Mateo López e construídas nos primeiros momentos da obra coa intención de establecer unha relación estreita entre estes espazos e a nave, aínda que por mor da construción dos claustros ambas as dependencias foron ampliadas por Bartolomeu Fernández Lechuga. O oratorio de San Filipe Neri responde á tipoloxía das sancristías renacentistas e debeu funcionar como tal nos seus primeiros tempos, cando Fernández Lechuga crea este aditamento para comunicar os novos claustros coa igrexa. Posteriormente debeu ser sede da congregación do mesmo nome destinada á instrución da mocidade e á asistencia de indixentes, peregrinos e presos. No segundo mandato de frei Isidoro de Arriaga (1694-1697), dentro dun plan de ampliación do mosteiro que dirixiu frei Gabriel de Casas, dispúxose a construción dunha sancristía nova, que viría substituír a proxectada por Mateo López. O proxecto engloba a antesancrístia, a sancristía, a theca ou capela de reliquias e a escaleira á libraría.

Statio.

A statio, de planta rectangular e cuberta por unha bóveda de canón casetonada, é de formas máis austeras e cumpriu simplemente a función de lugar de paso desde o mosteiro á igrexa, á cal está encostada polo seu muro setentrional. Como lugar de paso inmediato á sancristía, pasou a exercer tamén funcións de antesancristía, e utilizouse para que os monxes entrasen organizados ao templo para celebrar a eucaristía. Conserva as portas que pechan a estancia, realizadas a finais do XVIII por Manuel Landeira Bolaño. Esta estancia conserva o retablo da Virxe do Pilar, datado a finais do XVIII e principios do XIX, coas imaxes de Santiago o Maior adorando a Virxe do Pilar, de cronoloxía anterior ao retablo, así como un relicario de San Clemente realizado en cera, datado a finais do XVIII. Expóñense tamén nesta sala parte dos anxos que portan os instrumentos da Paixón de Cristo pertencentes ao Monumento de Xoves Santo, construído en 1772 por frei Plácido Camiña, o escultor José Ferreiro e o pintor Manuel Landeira Bolaño. Na parte central da sala expóñense as vestiduras litúrxicas utilizadas no mosteiro entre os séculos XVII e XX, xunto co cáliz e patena que Benedicto XVI regalou ao Seminario Maior.

Sancristía.

A sancristía de San Martiño Pinario, comezada por frei Gabriel de las Casas en 1696 e rematada por Fernando de Casas Novoa en 1740, presenta unha arquitectura maxestosa a partir dunha planta de cruz grega, con pilastras nos ángulos, bóvedas de canón nos brazos da cruz e unha cúpula central ornamentada con casetóns e motivos florais. Sobre os piares e o arranque do entaboamento que serve de apoio ás bóvedas, na sancristía tamén se atopan figuras que proveñen do xa citado Monumento de Xoves Santo, a representación dos catro evanxelistas e as virtudes teologais e as cardinais.

A finais do XVIII, frei Plácido Camiña realiza dúas gabeteiras de madeira vista para os muros leste e oeste, emparelladas e enfrontadas, compostas por cinco módulos de catro caixóns cada una, sobre os cales descansan uns taboleiros encostados á parede, cunha fornela central de arco de medio punto, que debían exhibir unhas tallas de Cristo crucificado de José Ferreiro, actualmente desaparecidas.

Para os outros dous muros da sancristía, frei Plácido Camiña incrusta dous retablos enfrontados en dous grandes arcosolios laterais de medio punto, asentados sobre outras tantas gabeteiras con tres módulos de catro caixóns cada unha. O retablo articúlase en tres rúas separadas por parellas de pilastras ou columnas, segundo o moble, que alternan a imaxinaría coa pintura e desenvolven un programa iconográfico dedicado á Virxe María no muro leste e a Cristo no oeste.

Theca e acceso.

No muro leste da sancristía ábrense dúas portas que dan acceso á theca e ás escaleiras de acceso ao coro alto, respectivamente. A theca ou antiga capela das reliquias é contemporánea da sancristía e concíbese en planta rectangular cuberta por unha bóveda de casetóns policromados.

4.3. Imaxinería dos retablos.

• Retablo maior no testeiro da igrexa.

1. Asunción e coroación da Virxe. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

2. San Pedro. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

3. San Paulo. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

4. Santiago ecuestre. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

5. San Millán de La Cogolla. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

6. Anxo con estandarte da orde de cabalería de Calatrava. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

7. Anxo con estandarte da orde de Malta. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

8. Apoteose de San Martiño. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

9. San Martiño de Tours partindo a capa cun pobre. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

10. San Gregorio Magno. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

11. San Bernaldo. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

12. San Xosé. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

13. Anxo con estandarte da orde do Temple. Escultura. Taller de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

14. Anxo con estandarte. Escultura. Taller de Miguel de Romay. Madeira policromada. 1730-1733.

15. Santo André. Escultura. José Gambino. Madeira policromada. 1761.

16. San Xoán Evanxelista. Escultura. José Gambino. Madeira policromada. 1761.

• Cadeirado do coro.

17. Inmaculada Concepción. Escultura. José Gambino. Madeira policromada. 1673.

• Retablo da Virxe do Rosario ou Virxe Inglesa.

18. Nosa Señora do Rosario. Escultura. Madeira policromada. Século XV.

19. San Xosé. Escultura. Benito Silveira? Madeira policromada. 1742.

20. San Xoaquín. Escultura. Madeira policromada. 1742.

21. Santa Ana. Escultura. Madeira policromada. 1742.

22. San Domingos de Guzmán. Escultura. Madeira policromada. 1742.

23. San Ignacio de Loyola. Escultura. Madeira policromada. 1742.

• Retablo de San Bieito.

24. San Anselmo. Escultura. Madeira policromada. 1742.

25. San Mauro. Escultura. Madeira policromada. 1742.

26. San Plácido. Escultura. Madeira policromada. 1742.

27. San Bieito. Escultura. Madeira policromada. 1742.

28. San Tomé de Aquino. Escultura. Madeira policromada. 1742.

29. Santísima Trindade. Escultura. Benito Silveira e obradoiro. Madeira policromada. 1742.

30. Arcanxo San Gabriel. Escultura. Benito Silveira e obradoiro. Madeira policromada. 1742.

31. Santo Agostiño. Escultura. Benito Silveira e obradoiro. Madeira policromada. 1742.

32. San Francisco. Escultura. Benito Silveira e obradoiro. Madeira policromada. 1742.

33. Arcanxo San Miguel. Escultura. Benito Silveira e obradoiro. Madeira policromada. 1742.

• Retablo Maior da capela da Virxe do Socorro.

34. San Gabriel. Escultura. Madeira policromada. 1746-1749.

35. Arcanxo San Miguel. Escultura. Madeira policromada. 1746-1749.

36. San Rafael. Escultura. Madeira policromada. 1746-1749.

37. Anxo da Garda. Escultura. Madeira policromada. 1746-1749.

38. Virxe do Socorro. Escultura. Cículo de Mateo de Prado. Pedro de Taboada?. Madeira policromada. 1668?

• Retablo de Santa Escolástica.

39. Tránsito de Santa Escolástica. Escultura. José Ferreiro. Madeira policromada. 1773-1777.

• Retablo do Cristo da Paciencia.

40. Cristo da Paciencia. Escultura. José Ferreiro. Madeira policromada. 1784.

• Retablo de Santa Xertrude a Magna.

41. Apoteose de Santa Xertrude a Magna. Escultura. José Ferreiro. Madeira policromada. 1783.

• Retablo de San Bernaldo.

42. San Bernaldo. Escultura. Taller de José Ferreiro. Madeira policromada. Ca 1786.

• Retablo de Santa Catarina.

43. Santa Catarina. Escultura. José Gambino. Madeira policromada. 1764.

44. San Domingos. Escultura. Taller de José Ferreiro? Madeira policromada. Finais século XVIII.

• Retablo de Nosa Señora do Pilar da statio.

45. Virxe do Pilar. Escultura. José Ferreiro e frei Plácido Camiña. Madeira policromada.

• Retablo do Cristo da sancristía.

46. Neno Xesús coa coroa de espiñas. Escultura. Madeira policromada.

47. Cristo neno meditando sobre a súa morte. Escultura. Madeira policromada. Século XVIII.

48. A Santa Face. Pintura. Lenzo ao óleo.

49. Neno Xesús. Escultura. Madeira policromada.

50. Cristo crucificado. Pintura. Lenzo ao óleo. Finais século XVIII.

• Retablo da Virxe da Sancristía.

51. San Xoán Bautista neno. Escultura. Madeira policromada.

52. Virxe do Socorro. Escultura. Madeira policromada.

53. Virxe da Soedade. Pintura. Lenzo ao óleo.

54. Neno Xesús de Praga. Escultura. Madeira policromada.

55. Dolorosa. Pintura. Lenzo ao óleo.

4.4. Mosteiro.

• Escaleiras barrocas.

No exterior do templo de San Martiño cobra protagonismo o acceso resolto cunhas escaleiras barrocas que, partindo dunha forma elíptica, crean un teatral descenso ata a mesma porta da igrexa. Son o resultado dunha obra, terminada en 1771, que obrigou a modificar a fachada de Mateo López e desmontar a escaleira interior.

En 1770 o abade do mosteiro, frei Eustaquio Riesco presenta unha idea á comunidade e solicita do concello o terreo necesario para executala, situado entre a igrexa e a fonte de San Miguel. Frei Manuel dos Mártires, un leigo dominico, foi o autor da traza e frei Plácido de Camiña o executor da obra, que consistiu en transformar a porta de acceso e construír unha nova a nivel inferior.

• Exterior do mosteiro.

O afán dos monxes de San Martiño por facer o seu mosteiro máis grande atopou a oposición dos cóengos da catedral na zona da praza da Acibecharía. Debido a este enfrontamento, as obras da portaría do mosteiro estiveron paralizadas desde 1677 ata 1681, cando, tras o acordo coa catedral, frei Gabriel de las Casas realiza o deseño da portada do mosteiro, centrada no lenzo do muro oeste do mosteiro e resaltada en altura polo corpo superior, presidido polo escudo real sobre a inscrición 1738, e rematado pola figura ecuestre de San Martiño partindo a capa, que engadiu Fernando de Casas.

Frei Gabriel de las Casas repetiu ao exterior o esquema interior do claustro procesional, utilizando na fachada un par de columnas toscanas que enmarcan a rúa central, dividida en altura en tres tramos, pola porta, a fornela de San Bieito e o balcón voado. Nos laterais, o enorme lenzo mural desenvolve a altura en catro pisos, que se abren ao exterior por medio de vans rectangulares cuxa monotonía se ve interrompida con arcadas cegas no baixo e uns corpos cúbicos que sobresaen nas esquinas.

Trasladado o Colexio de San Xerome á praza do Obradoiro, esta fachada do mosteiro configurou o espazo da praza da Inmaculada, tal e como o coñecemos hoxe en día. O dominio desta fachada sobre a praza era tal que os cóengos emprenderon pouco despois a reforma da portada norte da catedral, fronte a San Martiño.

Fernando de Casas remata o claustro procesional en 1743, coa construción do lado leste e dándolle unha maior altura á fachada da tulla, que percorre a actual rúa da Moeda Vella, ata a fachada da igrexa na praza de San Martiño, en cuxo punto de encontro se abre unha entrada para facilitar o acceso ao claustro procesional desde a rúa, a chamada Porta dos Carros. Concibida con carácter funcional e de servizo, evoca a dignidade do edificio e da súa comunidade, coa decoración dun relevo de San Martiño bispo, rematado cun frontón semicircular partido no cal se instala unha epígrafe labrada coa data de 1740.

Seguindo o mesmo sentido de circulación, ao superar a fachada-retablo da igrexa, o muro do mosteiro queda oculto tras unhas vivendas que ten encostadas a citada praza de San Martiño, seguindo pola rúa da Porta da Pena ata a confluencia coa Costa Vella, en cuxa parte alta aínda quedan vestixios daquel Pignario que outrora dera nome a este lugar. Desde este punto recupérase a vista do muro que baixa cara ao Campiño de San Francisco, onde converxe co muro oeste do edificio, que discorre paralelo á rúa Val de Deus, dominada polo enorme muro do mosteiro correspondente co occidental, último na actividade construtiva do exterior do edificio.

• Portaría.

O ingreso principal ao mosteiro realízase pola portaría, espazo creado para dar acollida ás persoas que se achegan ao mosteiro, como testemuña da importancia que a regra beneditina dá á hospitalidade.

• Claustro regular.

Desde a portaría, accédese ao claustro regular, tamén chamado da portaría ou claustro das procesións. Iniciado en 1627 baixo a dirección de Bartolomé Fernández Lechuga, conclúese na década de 1740, na época de Fernando de Casas, despois de máis dun século de construción, de cuxas campañas construtivas e os seus artífices quedan testemuños nas inscricións das métopas de cada unha das fachadas. No centro a fons vitae, habitual nos claustros monásticos, reinstalada neste claustro nos anos 70 do século XX coa intervención que Pons Sorolla fixo no mosteiro. A fonte foi deseñada por Casas y Novoa para este lugar, pero foi desprazada ao claustro das oficinas no momento da construción porque a presión da condución natural de auga non conseguía a altura necesaria para acadar a saída superior da fonte.

• Claustro das procesións.

O claustro das procesións desenvolve unha planta cadrada con dúas alturas, de seis tramos en cada lado delimitados por un par de enormes columnas toscanas sobre un estilóbata de altura notable. O corpo inferior articúlase con arcos sobre pilastras dóricas cuxa rosca presenta unha moldura que se alonga sobre a liña de imposta, coincidente coa cornixa que o separa da parte alta. Ábrese interiormente ao patio central mediante una arcaría corrida e cobre as súas pandas por unhas sólidas bóvedas de aresta atravesadas nos seus tramos por uns arcos de sección semicircular, o que crea una pauta regular. O piso superior organízase cun balcón cun oco elipsoidal sobre o lintel. O conxunto remátase con pirámides e bólas.

• Arquivo Histórico Diocesano.

Na panda meridional ábrese cara á esquina leste o Arquivo Histórico Diocesano, instalado nestas dependencias desde 1975. Nunha coxía inmediata a este acceso, unha inscrición no muro conmemora o centenario da partida de frei Rosendo Salvado, beneditino que pronunciou os seus votos en Pinario e que en 1845 partiu cara a Australia para evanxelizar e onde fundou Nova Nursia.

• Escaleiras da cámara.

No ángulo noroeste do claustro principal iníciase a construción das chamadas escaleiras da cámara cara ao ano 1681, proxectadas por frei Gabriel de las Casas.

• Escaleira do refectorio.

No lado norte do claustro das oficinas frei Tomás Alonso proxecta a escaleira do refectorio, concluída en 1681. Cóbrese cunha cúpula octogonal sobre trompas, totalmente decorada con sartas de froitas e róleos vexetais. As trompas decóranse cos escudos do mosteiro, o de Castela e León, o de Compostela e o da Congregación de Castela, sostidos por seres fantásticos.

• Torre do campanario.

En 1675 estaba a construírse a torre do campanario atribuída a frei Tomás Alonso, quen deseña un modelo atípico para estas construcións en Santiago, seguramente derivado dos conflitos co cabido catedralicio, cando Peña de Toro tentou a construción das torres campanario na portada da igrexa.

• Claustro das oficinas.

Entre 1655 e 1660 iniciáronse as obras do segundo claustro, con trazas de José Peña de Toro, no cuadrante suroccidental do mosteiro de San Martiño Pinario, ao oeste do gran claustro procesional, sobre o soar que ocupou a igrexa. As obras remataron baixo a dirección de frei Tomás Alonso en 1677, segundo consta na inscrición do piso superior deste claustro das oficinas. Desde os inicios foi concibido como o claustro dedicado á comunidade e arredor do cal se desenvolvía a vida regular da oración dos monxes e actuaba como o núcleo distribuidor desde o cal se accedía ás dependencias dos monxes e ao redor do cal se dispoñía a cociña, o refectorio, a botica e a grande escaleira, que daba acceso ao andar superior, onde estaban as celas dos monxes.

• Refectorio.

Entre 1663 e 1669 construíuse o refectorio novo, situado na galería occidental do claustro e ocupando parte do soar da igrexa antiga, desmontada neses anos. Sen que se poida dar por seguro, a traza deste claustro podería atribuírselle a Peña de Toro e a execución da obra a Francisco Gutiérrez de Lamasoa.

• Botica.

Tamén é frecuente nos mosteiros a botica que formaba os boticarios e prestaba atención sanitaria ás comunidades dependentes deles e á poboación en xeral, suplindo a carencia de hospitais. Desde finais do século XVI documéntase a presenza dunha botica no claustro das oficinas do mosteiro de San Martiño rexida por un monxe da comunidade, que ao principio atendía unicamente o propio mosteiro e posteriormente, algúns peregrinos e enfermos pobres, pero non será ata 1648 cando se abra ao gran público, o que a converte na segunda botica máis importante de España despois da do mosteiro de Silos. Máis tarde, a comezos do século XIX ampliáronse as súas dependencias de xeito que o despacho tivese acceso desde a fachada principal do mosteiro de Pinario para facilitar a atención ao público desde o exterior, na estancia coñecida como botica nova.

Sen dúbida, esta é a botica máis completa e mellor conservada deste tipo en Galicia do que no seu día foi todo un complexo, composto non só polo dispensario e dependencias propias da botica senón tamén polo xardín botánico en que os monxes producían as súas propias plantas medicinais.

• Imprenta.

A partir de xaneiro de 1881 a imprenta do Boletín Eclesiástico, aloxada en dependencias do Pazo arcebispal, trasladouse a un local do Seminario Maior. Desde este momento, a imprenta consolida a súa actividade para todo tipo de publicacións e encadernacións e acada unha relevancia tal que se converte nun dos primeiros centros tipográficos de Compostela, que se mantivo activo ata 1990. Parte da maquinaria consérvase almacenada en condiciones precarias no local orixinal, pero non é visitable. Nas mesmas condicións parecen atoparse as pranchas xilográficas para gravados e as placas de fototipias e linotipias.

En calquera caso, este uso do mosteiro, que manifesta a adaptación do edificio ao longo da historia, deixa testemuño no seu legado, incrementado polas xilografías, calcografías e fotogravados e outros froitos do produto desta actividade que se incorporan á catalogación dos bens mobles.

4.5. Potencialidade arqueolóxica do monumento.

A evolución do complexo ao longo dos tempos sinala a necesidade dunha valoración técnica da potencia arqueolóxica do espazo actualmente ocupado polo mosteiro, cuxo edificio conserva algúns fragmentos de construcións procedentes do propio mosteiro e dos antigos edificios estremeiros, como é o caso do desaparecido Hospital de Santiago e o Colexio de San Xerome.

Xunto aos elementos arquitectónicos, presúmese a presenza dunha grande cantidade de material arqueolóxico diverso relacionado cos diferentes momentos da vida da comunidade ata o mesmo século XVII, en que debeu de deixarse de utilizar o claustro medieval. É previsible a aparición de numerosas moedas, pezas de cerámica, restos de alimentos e material téxtil, insignias de peregrinación etc.

Ao longo do perímetro do edificio, nos seus sectores meridional e oriental, deberían aparecer boa parte dos restos das vivendas con que se urbanizou a partir do século XIII esta zona do primitivo soar monacal, incluído o trazado de parte da rúa do Rego. Os materiais existentes baixo o claustro das procesións corresponderían con toda probabilidade á vida cotiá dos habitantes de Santiago do período baixomedieval, entre os séculos XIII e primeiras décadas do século XVI.

En toda a parte meridional deben atoparse testemuños das sucesivas canalizacións de auga procedentes da cisterna de San Miguel, cuxas máis temperás referencias se sitúan no século X.

A igrexa actual, ao ser levantada na parte do soar monacal nunca edificada, é posible que só conserve no seu subsolo algún resto das canalizacións de auga.

Finalmente, no perímetro occidental da parcela, na parte interior do actual muro de peche cara á Costa Vella, poden atoparse elementos do sistema defensivo da cidade, tanto restos da muralla coma dalgunha das súas torres.

Así mesmo, o desenvolvemento das previsións do plan director de conservación do monumento deberá tomar en consideración a potencialidade arqueolóxica dos predios, así como os criterios para a conservación dos elementos que permitan a interpretación da evolución das fábricas e os paramentos das edificacións ao longo do tempo, como parte dunha metodoloxía de intervención integrada para garantir a salvagarda das súas condicións de integridade e autenticidade.

5. Usos.

• Usos existentes.

O monumento ten unha historia complexa e longa que amosa en si mesma o relato dos cambios sociais, económicos e políticos da súa singular biografía propia, nos cales destacan os usos culturais ou relixiosos, os residenciais e os formativos.

A Desamortización e a saída da comunidade de monxes, a reutilización civil como sede de institucións diversas e un uso tamén como instalacións militares marcan unha época de heteroxénea transformación ata que é de novo adquirido pola Igrexa Católica para a instalación dun Seminario Conciliar e Universidade Pontificia e posteriormente do Seminario Maior. Este uso incorpora o uso residencial e o docente, cunhas dimensións e capacidade de importancia, así como a incorporación de instalacións auxiliares como cociñas e comedores ou as áreas deportivas nos espazos libres exteriores. Tamén é a sede do Arquivo Histórico Diocesano, polo que incorpora servizos asimilables aos administrativos, e un museo, polo que se adapta aos usos culturais e expositivos e incluso amosa a capacidade para acoller eventos efémeros vinculados aos usos culturais.

Finalmente relaciónase unha pluralidade de usos relacionados coa actividade relixiosa e formativa, como as sedes da Delegación da Pastoral Universitaria, o Centro do Proxecto Home en Galicia, a Delegación Pastoral Vocacional, a librería Egeria, a Residencia de Estudantes, a Biblioteca do Seminario Conciliar, o Instituto Teolóxico Compostelán e a Facultade de Teoloxía e a Escola Universitaria de Traballo Social.

En resumo, un edificio amplo e complexo que acolle unha pluralidade tamén diversa de usos, que se complementan entre si, entre os cales destacan o relixioso, o residencial e o docente, e que tamén compaxina co asistencial, o cultural e o administrativo e comercial, así como as instalacións e espazos complementarios para o seu funcionamento e outros que potencialmente poden acoller novos usos ou ser aproveitados para a ordenación e optimización dos existentes.

• Determinacións do Plan especial do conxunto histórico.

O Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica do concello de Santiago de Compostela, aprobado definitivamente o 24.3.1997, identifica o conxunto de San Martiño Pinario como un equipamento múltiple e remite a ordenación da súa zona libre de edificación no seu artigo 158 á unidade de execución UI-3. Entre os parámetros de ordenación desta unidade prevese a reconstrución da antiga cuberta de estrutura metálica en paralelo aos abancalamentos e permitindo un peche diáfano recuado respecto á liña de columnas de fundición. Cuantifica os espazos exteriores en 6.400 m2, autoriza a ocupación de 660 m2 para a edificación devandita con usos vinculados ao resto do equipamento e un tratamento de zona verde para unha extensión mínima de 3.000 m2.

Ben que estes parámetros se estiman compatibles cos valores culturais do monumento, os seus termos máis específicos e concretos deberán ser avaliados e reconsiderados no desenvolvemento dun plan director de conservación do monumento, que poderá mantelos ou modificalos de forma xustificada.

• Implantación e mantemento de usos.

A continuidade e variedade nos usos do complexo monumental explica que San Martiño Pinario fose un dos poucos deste tipo que superaron o proceso de ruína desencadeado pola desamortización, en grande parte pola vontade e capacidade para incorporar e adaptarse a novos usos. Os distintos usos que manteñen vivo o mosteiro considéranse compatibles coa súa integridade e respectuosos cos antecedentes históricos para que xurdiron, ben que debe ser o plan director de conservación do monumento o que analice a súa continuidade, así como a viabilidade, de ser o caso, da implantación doutros novos, de carácter temporal ou permanente, que colaboren no seu mantemento.

6. Conservación e actuacións de restauración.

A exclaustración do mosteiro derivada do proceso de desamortización supón un momento de cambios críticos na conservación do conxunto, que, despois dun proceso de abandono, acolle unha serie de usos civís e militares e volve ser recuperado para usos relixiosos, coa implantación do seminario inicialmente e un proceso de habilitación progresiva das distintas dependencias do mosteiro para adaptarse ás novas necesidades.

A maioría das intervencións conservaron as disposicións xerais e estruturais do inmoble e a organización espacial, e afectaron principalmente as divisións interiores e instalacións. Porén, desde mediados do século XX, en ámbitos relacionados cos novos usos máis intensos, foron precisas actuacións dun maior alcance estrutural. Estas actuacións supuxeron intervencións de caracter estrutural e funcional de alcance significativo, coa incorporación de estruturas de formigón, así como instalacións de baños, cociñas e outras.

Tamén nesta época e ata a actualidade se realizaron traballos de restauración e algunhas actuacións de urxencia relativas a desprendementos dalgunha figura da portada principal, nas escaleiras de acceso, cubertas, pavimentos ou as reparacións derivadas da derruba de parte do campanario por un raio.

7. Réxime de protección.

7.1. Natureza, categoría e nivel de protección.

• Natureza: ben inmoble.

• Categoría: monumento.

• Patrimonio específico: patrimonio arquitectónico.

• Outros intereses: artístico, histórico, arqueolóxico, científico e técnico, documental, bibliográfico e museolóxico.

• Nivel de protección: integral. O plan director de conservación do monumento poderá, despois da necesaria investigación e análise, determinar diferentes alcances e intervencións sobre o ben e os seus compoñentes e partes integrantes.

7.2. Réxime xeral.

A declaración de ben de interese cultural como monumento do mosteiro de San Martiño Pinario, na praza da Inmaculada no concello de Santiago de Compostela, determina a aplicación do réxime de protección previsto nos títulos II e III da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG), e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE). Así mesmo, para o conxunto de bens mobles que se catalogan, será de aplicación o previsto nos títulos II e IV da LPCG. Este réxime pode ser sintetizado no seguinte conxunto de requirimentos e obrigas:

• Autorización: as intervencións que se pretendan realizar no ben terán que ser autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Tamén será precisa a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para as intervencións sobre os bens mobles catalogados.

• Conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e as titulares de dereitos reais sobre o inmoble e os bens catalogados están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais do inmoble e dos bens catalogados están obrigadas a permitir o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora nos termos previstos no capítulo I do título X; ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios. Para o caso dos bens mobles e as actividades de investigación, a obriga de acceso poderase substituír, por petición das persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e titulares de dereitos reais sobre o ben, polo seu depósito na institución ou entidade que sinale a consellería competente en materia de patrimonio cultural. O período de depósito, salvo acordo en contrario entre ambas as dúas partes, non poderá exceder dous meses cada cinco anos.

• Comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, os titulares de dereitos reais están obrigados a comunicar á consellería competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufrisen e que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

• Visita pública: as persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre o inmoble declarado de interese cultural permitirán a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente.

• Tanteo e retracto: calquera pretensión de transmisión onerosa da propiedade ou de calquera dereito real de desfrute do inmoble declarado ben de interese cultural deberá ser notificada á consellería competente en materia de patrimonio cultural con indicación do prezo e das condicións en que se propoña realizar aquela. En todo caso, na comunicación da transmisión deberá acreditarse tamén a identidade da persoa adquirente.

• Uso: en calquera caso a protección do ben implica que as intervencións que se pretendan realizar terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección. En tanto non se elabore e aprobe o plan director previsto, a implantación ou modificación de usos só poderá realizarse despois da correspondente análise do seu alcance e compatibilidade cos valores culturais do ben e sen modificar as condicións materiais do monumento.

• Traslado de bens mobles catalogados: en virtude do establecido nos artigos 22.2.b) e 64.3 e 4, o conxunto de bens mobles catalogados que se atopen no mosteiro de San Martiño Pinario estímase vinculado á devandita localización, polo que o seu traslado requirirá da autorización previa da consellería competente en materia de patrimonio cultural. O plan director de conservación do monumento poderá establecer un réxime concreto para cada unha das pezas ou coleccións en virtude das súas características e condicións propias.

• Exportación de bens mobles: a exportación de bens mobles está sometida ao que se establece nos artigos 5 e 6 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e resulta da competencia da Administración xeral do Estado.

7.3. Plan Director de Conservación.

Segundo o previsto no artigo 22.2.f) da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a declaración de ben de interese cultural poderá incorporar as eventuais directrices para posteriores intervencións nos bens inmobles.

Dada a complexidade e a dimensión do monumento, así como a súa posición no conxunto histórico e a relación mutua con outros monumentos e o tecido urbano, estímase que, tal e como prevé o artigo 90.2.a) da Lei 5/2016, para a definición destas intervencións será precisa a redacción dun plan director de conservación, previsto para os monumentos de maior tamaño e de maior complexidade e singularidade.

Este plan director deberá incluír, ademais dos documentos descritivos e inventarios polo miúdo de todas as partes integrantes, a prioridade e xerarquización das intervencións de conservación e restauración necesarias e as actividades de investigación e valorización do monumento, así como a posibilidade e viabilidade de manter os usos existentes e incorporar outros novos.

As determinacións do plan director, que deberá ser sometido á autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, poderá incluír previsións ou determinacións diferentes das que estableza o planeamento vixente.

Neste aspecto cómpre indicar que o artigo 35.5 da Lei 5/2016 establece que a declaración de interese cultural obrigará o Concello a incorporalo ao seu planeamento urbanístico xeral e a establecer as determinacións específicas para o seu réxime de protección e conservación.

O artigo 90 devandito, nos seus números 4 e 5, establece que mentres non se desenvolva o plan director só será posible realizar actuacións de investigación, de mantemento ou parciais de conservación, de consolidación, de restauración ou de reestruturación puntual co obxecto de adecuación funcional para potenciar os usos existentes e mellorar as condicións de seguridade funcional, accesibilidade e salubridade que non precisen da rehabilitación integral do monumento, e non se autorizarán obras de ampliación ou rehabilitación de carácter integral se non consta a autorización previa do documento.

ANEXO II

Relación de bens mobles

1. Consideracións xerais.

A relación de elementos e conxuntos de bens mobles localizados en San Martiño Pinario que se inclúen no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia está xustificada polo seu valor cultural con interese de carácter histórico, artístico, antropolóxico, científico e técnico, museográfico, bibliográfico e documental. Ademais do interese que outorga a relación de vinculación coas diferentes etapas do mosteiro, estímase que reúnen as características propias que acreditan un valor notable no contexto do patrimonio cultural de Galicia.

A relación de bens mobles non é un conxunto pechado, xa que procede dun estudo preliminar e das fontes documentais existentes. O plan director de conservación do monumento incluirá entre as súas determinacións o inventario polo miúdo dos seus compoñentes. O resultado destes estudos e traballos poderá concluír coa xustificación da concorrencia dun valor sobranceiro que aconselle a súa declaración como ben de interese cultural singularizada. Tamén analizará as súas características propias e as condicións da súa vinculación co monumento. En ningún dos casos a devandita vinculación nin a súa localización poden supoñer un condicionamento sobre as condicións de propiedade ou posesión, nin sobrepoñerse ás relacións destes bens coas organizacións ou entidades que ao longo da historia ocuparon e aínda ocupan o inmoble.

2. Coleccións.

A relación e inventario das diferentes coleccións que se relacionan de seguido deberán ser identificados polo miúdo no desenvolvemento do plan director de conservación do monumento. Entre tanto, todos os elementos localizados en San Martiño Pinario que respondan ás características xenéricas identificadas neste decreto consideraranse integrantes das diferentes coleccións, que ao seu tempo se integran como colección no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

a) Fondo documental e bibliográfico.

O patrimonio documental e bibliográfico relacionado co monumento e a súa comunidade relixiosa en moitos casos non se atopan localizados no propio mosteiro.

Esta colección refírese a todos os fondos documentais e documentos que se conservan en San Martiño Pinario, pertencentes ao seu fondo, ao Instituto Teolóxico Compostelán e a Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia, que integra os procedentes do Seminario Conciliar Central, a Universidade Pontifica e o Seminario Maior.

O patrimonio documental e bibliográfico relacionado co mosteiro de San Martiño Pinario noutras localizacións e arquivos, como o Arquivo Histórico Universitario, Diocesano e Catedralicio de Santiago de Compostela, poderá ser analizado nun procedemento específico.

b) Imprenta.

Todos os bens mobles localizados no mosteiro de San Martiño Pinario relacionados coa Imprenta do Seminario Conciliar Central, incluída a maquinaria dedicada á imprenta, encadernación e libraría, considéranse parte da colección, como as xilografías, calcografías e fotogravados da antiga imprenta do Seminario, xunto coas pranchas, probas e outros elementos complementarios.

c) Botica.

A moblaxe realizada en madeiras de caoba, castiñeiro e cerdeira para o despacho da botica, así como pequenas gabeteiras que aínda se conservan, son partes integrantes do inmoble e como tal forman parte do monumento do mosteiro de San Martiño Pinario. Considéranse integradas na colección os frascos, conserveiras, redomas e aparellos de todo tipo localizados na botica.

d) Patrimonio científico e técnico.

En San Martiño Pinario tamén se conservan importantes coleccións procedentes dos estudos impartidos polo Seminario Conciliar. Os seus plans adaptáronse aos da universidade e os seus gabinetes de física e química e de historia natural empezaron a organizarse e a dotarse de instrumental, cuxo testemuño constatan as coleccións destes gabinetes, como a de densímetros e volúmetros, de preparacións microscópicas, de aves, de mamíferos, de fósiles, de minerais e rochas...

e) Roupas litúrxicas.

A colección de téxtiles datados entre o século XVI e o século XX e ornamentos confeccionados con damascos nos séculos XVI, XVII e XVIII, así como o mobiliario.

3. Outros bens mobles.

Núm.

Obra

Autoría

Clase

Materia

Dimensións (cms)

Datación

Localización

1.

Cristo crucificado

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

90×220

XVIII

Antesala capela seminario

2.

Ecce Homo

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

73×88

XVIII

Antesala claustro oficinas

3.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre táboa

26×40

XVIII

Antesala claustro oficinas

4.

Campá leste

Descoñecido

Fundición

Bronce

86×79

1738

Campanario

5.

Campá norte

J. Liste

Fundición

Bronce

120×100

1876

Campanario

6.

Campá oeste

Descoñecido

Fundición

Bronce

77×63

XVIII

Campanario

7.

Campá sur

J. Cabrillo Mayor

Fundición

Bronce

110×100

XVIII

Campanario

8.

Cristo crucificado

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

9.

San Xoán Evanxelista (1)

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

10.

Virxe Dolorosa (1)

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

11.

Anxo coa cruz (2)

J. Ferreiro

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

12.

Anxo con libro e inscrición (2)

J. Ferreiro

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

13.

Sagrario

C. Lata Montoiro

Fundición

Bronce

158×66

XX

Capela seminario

14.

Encontro ????

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre cobre

107×89

XVIII

Claustro oficinas

15.

Doorosa

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

70×83

XVIII

Claustro oficinas

16.

Cristo crucificado

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

140×229

XVIII

Claustro oficinas

17.

Inmaculada Concepción

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

128×150

XVIII

Claustro oficinas

18.

María Madanela

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

60×74

XVIII

Claustro oficinas

19.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

100×120

XVIII

Claustro oficinas

20.

San Bernaldo

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

50×123×40

XVIII

Claustro oficinas

21.

Encontro de San Bieito e Santa Escolástica

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

126×109

XVIII

Claustro oficinas

22.

San Bieito

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

192×190

XVII

Claustro oficinas

23.

Noli me tangere

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre cobre

107×89

XVIII

Claustro oficinas

24.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

140×190

XVII

Claustro oficinas

25.

Martirio de San Lourenzo

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

120×163

XVII

Claustro oficinas

26.

Escudo de San Martiño

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

27.

Escudo de España

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

28.

Escudo de Santiago

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

29.

Escudo da congregación de San Bieito

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

30.

O enterro de Cristo (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

31.

O descendemento da cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

32.

A morte de Xesús (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

33.

A crucifixión (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

34.

Xesús despoxado das súas vestiduras (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

35.

Terceira caída ao pé do calvario (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

36.

Xesús consola as piadosas mulleres de Xerusalén (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

37.

Segunda caída (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

38.

A Verónica limpa o rostro de Xesús (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

39.

Simón o Cirineo obrigado a levar a cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

40.

Encontro de Xesús coa súa nai acompañada de San Xoán (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

41.

Primeira caída (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

42.

Xesús carga coa cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

43.

Xesús conducido ante Pilatos para oír a súa sentenza (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

44.

Cruz de altar

J. Pecul y Crespo

Ourivaría

Prata

42×20,5×13

Museo

45.

Retrato do cardeal Quiroga Palacios

A. Moragón

Pintura

Óleo sobre lenzo

49×82,5

1973

Museo

46.

Retrato do profesor López Ferreiro

E. Guerra

Debuxo

Carbón

sobre papel

111×75,5

1929

Museo

47.

Retrato do arcebispo Zacarías Martínez Núñez

G. Palencia

Pintura

Óleo sobre lenzo

163×122

1922

Museo

48.

Retrato de Amor Ruibal

X. Rodríguez Corredoyra

Pintura

Óleo sobre lenzo

169×143

1915

Museo

49.

Retrato de personaxe descoñecido

M. Tino Vázquez

Pintura

Óleo sobre lenzo

161,5×126

XX

Museo

50.

Retrato do cardeal José Martín de Herrera y de la Iglesia

M. Tino Vázquez

Pintura

Óleo sobre lenzo

157×110

1870-1952

Museo

51.

Retrato de Juan Lozano Torreira

Bouchet

Pintura

Óleo sobre lenzo

64,5×50

1852-1919

Museo

52.

Retrato de José Benito López Crespo

Bouchet

Pintura

Óleo sobre lenzo

64,5×50

1852-1919

Museo

53.

Retrato do Papa León XIII

J. M. Fenollera Ibáñez

Pintura

Óleo sobre lenzo

237×183

1902

Museo

54.

Retrato do cardeal Miguel Payá y Rico

Cao Cordido

Pintura

Óleo sobre lenzo

78×62

1889

Museo

55.

Retrato de Manuel Fernández Varela

José Salgado?

Pintura

Óleo sobre lenzo

73,5×59

1889

Museo

56.

Retrato dun dignatario eclesiástico

F. Álvarez Ruiz

Pintura

Óleo sobre lenzo

181×132

1889

Museo

57.

Retrato do cardeal Miguel Payá y Rico

Cao Cordido

Pintura

Óleo sobre lenzo

188×135

1880

Museo

58.

Retrato do arcebispo García Cuesta

D. Fierros

Pintura

Óleo sobre lenzo

198×144

1873

Museo

59.

Retrato de personaxe descoñecido

D. Fierros

Pintura

Óleo sobre lenzo

162×123

1858

Museo

60.

Retrato dun monxe

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

78×64

1852

Museo

61.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

C. Miralbés

Pintura

Óleo sobre lenzo

88,5×75,5

1887

Museo

62.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

185,5×130

1853

Museo

63.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

J. J. Cancela del Río

Pintura

Óleo sobre lenzo

90×67

1850-1851

Museo

64.

Retrato do arcebispo Rafael de Vélez

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

75,5×64

1841

Museo

65.

Virxe do Socorro

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

119×100

XVIII-XIX

Museo

66.

Virxe do Socorro

C. Coello

Pintura

Óleo sobre lenzo

242×142

1678-1681

Museo

67.

Condución (arqueta)

Material

arquitectónico

Granito

46×454×27

(28,5 diámetro)

XVIII

Museo

68.

Canalización

Material

arquitectónico

Granito

69×33×18,5

XVIII

Museo

69.

Fragmento de basa

Material

arquitectónico

Granito

50×47×32

XVIII

Museo

70.

Fragmento de doela de arco

Material

arquitectónico

Granito

42×90×38

XVIII

Museo

71.

Restos arqueolóxicos de época moderna

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVIII

Museo

72.

Fragmento de doela do patio do antigo hospital de Acibecharía

Material

arquitectónico

Granito

53×62×19,5

XVI

Museo

73.

Fragmento de doela do patio do antigo hospital de Acibecharía

Material

arquitectónico

Granito

33×38×31

XVI

Museo

74.

Fragmento de ménsula

Material

arquitectónico

Granito

57,5×22×26

XVIII

Museo

75.

Fragmento de ménsula

Material

arquitectónico

Granito

110×25×30

XVIII

Museo

76.

Parella de alcachofas

T. Alonso (?)

Material

arquitectónico

Granito

28/30×20×20

(base 8×8)

XVIII

Museo

77.

Dous canzorros

Material

arquitectónico

Granito

86,5×20×34

XII

Museo

78.

Soporte do claustro medieval

Material

arquitectónico

Granito

105×45×34,5

XIII

Museo

79.

Capitel xeminado

Material

arquitectónico

Granito

41×52×29

XIV

Museo

80.

Basas tardogóticas

Material

arquitectónico

Granito

44×39×39

XVI

Museo

81.

Capitel tardogótico

Material

arquitectónico

Granito

43,5×39×39

XVI

Museo

82.

Capitel tardogótico

Material

arquitectónico

Granito

39×38×38

XVI

Museo

83.

Fragmentos de xamba

Material

arquitectónico

Granito

43×43×21

XVI

Museo

84.

Ara de altar

Material

arquitectónico

Mármore

23×21×7

1033 ?

Museo

85.

Lápida funeraria de Sancius Petri

Material

arquitectónico

Mármore

17×22×3,5

1048 ?

Museo

86.

Fragmento de anxo con mitra

Taller de Gambino

Material

arquitectónico

Granito

62×36×33,5

XVIII

Museo

87.

Fragmento de anxo con libro

Taller de Gambino

Material

arquitectónico

Granito

65,5×41,5×20,5

XVIII

Museo

88.

Anxo portador de lámpada

Taller de Ferreiro

Escultura

Madeira

policromada

130×75×30

Ca. 1800

Museo

89.

Anxo

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

33×48×16

XVIII

Museo

90.

San Toribio de Magroviejo

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

110×36×25

XIX

Museo

91.

Santiago Matamouros

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

39×31×31

XVIII

Museo

92.

San Rosendo

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

1770-1780

Museo

93.

San Roque

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

68,5×27×26

XVIII

Museo

94.

San Pedro de Mezonzo

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira policromada

1770-1780

Museo

95.

Santo bispo

Escola de Ferreiro

Escultura

Madeira policromada

100×46,5×28

XVIII

Museo

96.

San Martiño bispo

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

82,5×40×28

XVIII

Museo

97.

San Francisco Xavier

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

107×37×28,5

XVIII

Museo

98.

San Felipe Neri

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

87x 35,5×27,5

1725-1735

Museo

99.

Santo Antonio de Padua

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

74×27×26

XVIII

Museo

100.

Virxe de Nosa Señora do Socorro

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

55×36×23

XIX

Museo

101.

San Xoán

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

186×70x 40

XX

Museo

102.

Bautismo de Cristo

J. Ferreiro

Escultura

27,5×22

XVIII

Museo

103.

Epifanía

Obradoiro inglés

Escultura

Alabastro policromado

37×25×6,5

XV

Museo

104.

Caixa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

1,5×3,6×8,8

XIX

Museo

105.

Cruz de altar

Descoñecido

Ourivaría

Prata dourada, cristal de roca e madeira dourada

55,5×25

(cruz 33,3×25)

XVI

Composta:

XIX

Museo

106.

Cruz de altar

A. Campos Guevara

Ourivaría

Prata, prata dourada, latón e madeira

77×37,5

(cruz 22,5×21,2)

XVII

Museo

107.

Cruz procesional

Descoñecido

Ourivaría

Prata e prata dourada

58×38

Nudo: XVII

Cruz: XVIII

Museo

108.

Cruz de guión

Descoñecido

Ourivaría

Prata

37×17

XVIII

Museo

109.

Cruz de altar

Descoñecido

Ourivaría

Prata e prata dourada

64,5×22

1772

Museo

110.

Cruz relicario

L. F. París

Ourivaría

Bronce dourado e cristal

42×18

XVIII

Museo

111.

Custodia

Salamanca (?)

Ourivaría

Prata dourada

53×27,5 (sol)×20

1716

Museo

112.

Custodia

M. García Crespo (?)

Ourivaría

Prata e prata dourada

71×33 (sol)×22,5

XVIII

Museo

113.

Custodia

D. A. de Castro

(Ferrol)

Ourivaría

Prata, prata dourada e pedra ornamental

70×31 (sol)×23

XIX

Museo

114.

Custodia

Santiago de C. (?)

Ourivaría

Prata e prata dourada

67×30 (sol)×21

XIX

Museo

115.

Custodia

E. Rey Villaverde

Ourivaría

Prata e prata dourada

53,5×24,5

1894

Museo

116.

Hostiario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata

4,5×13,8

XIX

Museo

117.

Relicario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata, cristal de roca e esmaltes

26×12

1718

Museo

118.

Relicario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata dourada

23×9,5×9,3

1738

Museo

119.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

31×16,2 (sol)×10,5

XVIII

Museo

120.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

14×4,5

XVIII

Museo

121.

Relicario

A. Piedra y Rodríguez

(Santiago de C.)

Ourivaría

Prata

27,5×11,5 (sol)×9,5

XVIII

Museo

122.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

15×7,4 (sol)×4,6

XIX

Museo

123.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata e cristal

21,5×12,5

XIX

Museo

124.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Latón e cristal

45,5×12,8×6

XIX

Museo

125.

Casula

Española

Indumentaria

-

XVI

Museo

126.

Casula

Española

Indumentaria

-

XVI

Museo

127.

San Martiño partindo a capa co pobre

F. Leiro

Escultura

Madeira

policromada

1991

Oratorio San Filipe Neri

128.

Reixas de portas exteriores

Descoñecido

Forxa

Ferro fundido

86×230

XVIII

Oratorio San Filipe Neri

129.

Sagrario

Descoñecido

Escultura

Madeira e marfil

130×76×33

XX

Oratorio. claustro oficinas

130.

Divina Pastora

M. Magariños

Escultura

Madeira policromada

1910

XX

Oratorio. claustro oficinas

131.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Parede N.

mosteiro

132.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Paredes ITC

133.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Paredes ITC

134.

Cruz

M. Paz

Escultura

Granito

2010

XXI

Portaría

135.

A morte de San Xosé

Flamenga

Pintura

Óleo sobre lenzo

109×140

XVIII

Sancristía

136.

O obradoiro de Nazaret

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

137.

A fuxida a Exipto

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×100

XVIII

Sancristía

138.

A dúbida de San Xosé

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

139.

Os desposorios da Virxe

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

140.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

141.

Virxe

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

142.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

143.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

144.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

145.

Virxe

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

146.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

147.

A súplica de Marcodoqueo a Ester para que interveña fronte a Asuero para impedir a matanza dos xudeus (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

148.

O xuízo de Salomón (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

149.

A caída do maná (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

150.

A crucifixión (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

151.

Ecce Homo (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

152.

Cristo ante Herodes (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

153.

Prendemento de Xesús en Getsemaní (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

154.

A entrada de Xesús en Xerusalén (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

155.

A Sagrada Familia con San Xoán (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

156.

A matanza dos inocentes (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

157.

Circuncisión (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

158.

Epifanía (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

159.

A adoración dos pastores (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

160.

A adoración dos pastores (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

161.

Visitación (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

162.

Apoteose de San Bieito

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

275×193

XVIII

Sancristía

163.

Apoteose de Santa Escolástica

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

164×193

XVIII

Sancristía

164.

Santa Helena

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

274×193,4

XVIII

Sancristía

165.

Evanxelista San Xoán (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

166.

Evanxelista San Mateo (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

167.

Evanxelista San Marcos (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

168.

Evanxelista San Lucas (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

169.

Fe (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

170.

Esperanza (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

171.

Caridade (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

172.

Fortaleza (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

173.

Xustiza (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

174.

Temperanza (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

175.

Prudencia (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

176.

San Tomé de Aquino

Descoñecido

Escultura

Madeira

60×120

XVII

Sancristía capela seminario

177.

Calvario

Descoñecido

Escultura

Madeira

90×35

XVIII

Sancristía capela seminario

178.

Terceira caída ao pé do calvario

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

268×141

1768-1772 ?

Statio

179.

Escudo da congregación de San Bieito de Valladolid

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

256×125

1768-1772

Statio

180.

Igrexa triunfante

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

256×125

1768-1772

Statio

181.

Reliquia de San Clemente

Descoñecido

Escultura

Cera policromada

180×75×40

XVIII

Statio

182.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

183.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

184.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

185.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

186.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

187.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

188.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

189.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

190.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

191.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Camiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

192.

Sen título

I. Basallo

Escultura

Madeira

policromada

1990-1991

Tullas

(1)

Os elementos sinalados forman parte dun conxunto de calvario procedente da antesanscristía ou statio

(2)

Elementos procedentes do antigo monumento do Xoves Santo

(3)

Via crucis da igrexa

(4)

Procedentes da gabeteira da sancristía

ANEXO III

Delimitación do contorno de protección conxunto do mosteiro de San Martiño Pinario, Catedral metropolitana, igrexa de San Francisco de Val de Deus, Hospital Real e capela, Pazo arcebispal de Xelmírez, biblioteca pública Ángel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela

1. Delimitación do mosteiro de San Martiño Pinario.

A delimitación inclúe as construcións principais, a cerca e o espazo libre que ocupaban as hortas. Tamén se consideran parte do monumento as escalinatas de acceso pola súa formalización e relevancia no carácter e funcionalidade do edificio. A delimitación defínese nos seguintes termos:

• A partir da súa fachada principal á praza da Inmaculada, recolle no seu interior desde o arranque dos seus banzos á plataforma elevada coas escaleiras de acceso á porta principal.

• Desde aquí vira pola travesía das Dúas Portas e continúa pola rúa de Val de Deus ata saír á rúa do Campiño de San Francisco fronte á igrexa deste convento, xira cara ao leste e sobe pola rúa da Costa Vella, seguindo o límite do perímetro que marca o muro da horta de San Martiño, e torce cara ao sur polo muro que o separa das hortas e das traseiras das vivendas que dan fronte á rúa da Porta da Pena.

• Sae á praza de San Martiño, tanxente ao muro de entrada á horta do convento e recolle, desde o encontro deste muro coa fachada da igrexa, a plataforma inferior da praza de San Martiño onde se atopan as escaleiras barrocas de entrada á igrexa, servindo de límite do perímetro do contorno o muro que separa os dous niveis superior e inferior da praza. Incorpora a fonte e os bancos encostados ao muro e deixa fóra as escaleiras e os elementos de acceso a este nivel.

• Continúa polo interior do muro que forma a rampla ao sur e desde o seu arranque prolóngase ata a esquina da fachada da igrexa que comunica coa rúa da Moeda Vella.

• Continúa agora por esta rúa da Moeda Vella e recolle as escaleiras laterais encostadas ao edificio e segue por esta rúa ata saír á praza da Inmaculada.

2. Delimitación do contorno de protección conxunto.

O mosteiro de San Martiño Pinario, desde a primeira erección do edificio conventual, supuxo a transformación da contorna urbana, en especial nas sucesivas ampliacións do mosteiro, que supuxeron unha serie de permutas, compras e demolicións dos inmobles adxacentes para poder levantar o edificio tal e como o vemos na actualidade.

Ao mesmo tempo, moitas vivendas limítrofes encóstanse á súa horta, reordenando esta paisaxe urbana e configurando os seus lindes. A vinculación co seu contorno inmediato é tan estreita e determinante que o mosteiro orixina as prazas que lle dan acceso desde o exterior, creando unha especial posta en escena.

A influencia do mosteiro vese tamén nas infraestruturas da cidade, determinando a prolongación da canalización soterrada de auga procedente da fonte de San Miguel ata o claustro de Pinario, desde onde abastecía o mosteiro e distribuía caudal cara á catedral e o pazo arcebispal.

Esta profunda recreación do espazo urbano que exerce San Martiño vai alén do espazo circundante, que en 1751, concluídas as obras do mosteiro, asume o acondicionamento do acceso desde o centro da cidade ata a súa parte máis nobre, a Porta Real.

O contorno de protección delimítase para o conxunto de bens inmobles que contan coa declaración de ben de interese cultural neste ámbito do conxunto histórico:

• Catedral metropolitana de Santiago de Compostela.

• Igrexa de San Francisco de Val de Deus.

• Capela do Grande Hospital dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

• Pazo arcebispal de Santiago de Compostela ou Pazo de Xelmírez.

• Hospital Real de Santiago.

• Biblioteca pública Ánxel Casal.

• Museo das Peregrinacións e de Santiago.

En aplicación destes criterios e premisas, proponse un contorno de protección que se recolle na planimetría que se xunta e cuxa descrición literal é a seguinte:

• Comeza na esquina entre a Travesa de Fonseca e a Avenida de Raxoi, prosegue cara ao norte pola avenida e ascende ata a vivenda co núm. 15, onde atravesa pola medianeira entre esta vivenda e a do núm. 16 ata chegar á rúa da Trindade. Segue cara ao norte ata que chega ao xardín do antigo cemiterio de San Frutuoso.

• Desde o cemiterio chega ao lateral sur da igrexa, envolvéndoa polo oeste ata saír á rúa das Hortas pola medianeira coa vivenda do núm. 1. Atravesa a rúa e entra entre as vivendas núm. 12 e 10, e continúa polas súas medianeiras ata as hortas, ocupando parcelas completas, ata á rúa das Carretas entre os núm. 11 e 13.

• Continúa pola rúa das Carretas cara ao norte incorporando todas as vivendas situadas na marxe dereita desta rúa, e atravesa a costa de San Francisco ata chegar ao muro da horta deste edificio, e desde aquí segue pola rúa de Entrerríos cara ao norte incluíndo o muro e o interior das súas hortas.

• Pola rúa de Entrerríos segue ata os xardíns de Manuel Feixoo, onde dobra para continuar polo perímetro do muro da horta do convento de San Francisco, deixando os xardíns de Manuel Feixoo á esquerda fóra do contorno.

• Segue pola beira dos xardíns ata a rúa de Morón e continúa cara ao leste polo límite do muro do convento incluído no contorno de protección.

• Ao final da rúa de Morón, no encontro entre a rúa dos Castiñeiros e a dos Pelamios, dobra cara ao norte para incluír as vivendas da rúa dos Castiñeiros. Despois vira e continúa pola Costa Nova de Abaixo, deixando dentro as vivendas á man dereita que forman o cuarteirón con forma triangular entre esta Costa Nova de Abaixo e a rúa dos Castiñeiros. No tramo final máis alto desta rúa, atravesa a man esquerda e entra pola medianeira entre as vivendas núm. 4 e 2, incorporando esta última ao ámbito de protección no espazo marcado pola avenida de Xoán XXIII, atravesa a avenida e xira cara ao sur, deixando á man esquerda e fóra a Facultade de Ciencias da Educación. Segue e xira pola Costa Nova de Arriba.

• Ao final da Costa Nova de Arriba xira cara ao sur pola rúa dos Loureiros deixando no seu interior as vivendas situadas á man dereita neste sentido. Continúa ata o núm. 1, en esquina coa Costa Vella, e atravesa a rúa ata a esquina do núm. 13 da rúa do Hospitalillo. Segue por esta rúa e atravesa a rúa da Atalaia pola medianeira entre os núm. 13 e 11 do Hospitalillo.

• Continúa cara á praza da Atalaia e abeira esta polas fachadas que a forman, deixando á súa marxe dereita o interior do contorno de protección do conxunto dos monumentos, pasa desde o final da praza á rúa de Santa Cristina e desde aquí á Algalia de Arriba, onde vira cara ao sur e continúa cara á praza de Cervantes.

• Baixa pola Algalia de Arriba incluíndo a alarga con San Miguel dos Agros, chega á praza de Cervantes e xira cara á rúa da Acibecharía, entra pola medianeira entre os núm. 1 e 11 para saír á rúa de San Paio de Antealtares.

• Continúa cara ao sur pola rúa de San Paio de Antealtares ata a praza de Feixoo, e desde aquí pola medianeira coa vivenda co núm. 1 sae á rúa de Fonte Sequelo, onde vira cara ao oeste cara á rúa de Xelmírez envolvendo no seu interior os inmobles situados á dereita do percorrido.

• Na rúa de Xelmírez deixa no seu interior as vivendas cos núm. 27 e 25, entra pola medianeira entre esta e a núm. 23 e discorre crebada entre as rúas da Conga e de Xelmírez adaptándose aos fondos das parcelas. Volve á rúa de Xelmírez e pasa á rúa Nova, continúa cara ao sur incluíndo a Casa da Balconada, e desde aquí sae á rúa do Vilar entre o 9 e 11.

• Na rúa do Vilar atravesa entre os núm. 18 e 16 cara á da Raíña, por onde sae fronte á praza de Fonseca, incluíndo a praza e as vivendas con fachadas a ela e continúa pola rúa do Franco e a Travesa de Fonseca ata a avenida de Raxoi incluíndo o Pazo de Fonseca.

3. Referencias xeográficas da delimitación.

Punto

Localización

UTM ETRS89 FUSO 29

X

Y

PMR

Punto central BIC

537.213

4.747.817

1

Norte

537.184

4.748.219

2

Leste

537.385

4.747.876

3

Sur

537.149

4.747.480

4

Oeste

536.937

4.748.069

4. Delimitación gráfica.

missing image file