Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 253/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 253/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María Rodríguez Miguélez contra a empresa Siberian-Wolf, S.L., sobre despedimento, se ditou con data do 30 de novembro de 2020 sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se atopa á súa disposición na sede xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Siberian-Wolf, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza