Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2002

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021 pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Digicraft no teu cole no marco do Plan Digitalent durante os cursos 2020/21 e 2021/22.

Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft no teu cole no marco do Plan Digitalent, para os cursos 2020/21 e 2021/22, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Digicraft no teu cole no marco do Plan Digitalent durante os cursos 2020/21 e 2021/22.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 26 de xaneiro de 2021 (inclusive).

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, dirixindo a solicitude á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) de Presidencia.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es, segundo os prazos establecidos.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia