Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 1922

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Lugo ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) legalmente constituídas e a federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria son a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realicen as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías previstas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais, que lles axuden a detectar a violencia de xénero de que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen as familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero ou para detectala, e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de catrocentos mil euros (400.000 €), con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2, código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria do ano 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Programa proposto

Importe

concedido

G27100049

APA CEIP Otero Pedrayo de Rábade

Teatro pola igualdade

4.000,00 €

G27219674

Asociación de pais e nais de alumnos Laverde Ruíz

Acción familiar contra a violencia

3.890,00 €

G27019264

Asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Santa María do Valadouro

Maxia pola igualdade

2.200,00 €

G27254101

ANPA EEI Vilalba

II programa educación pola igualdade

3.550,00 €

G27174747

Asociación de pais e nais de alumnos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao

As familias pola igualdade

1.351,45 €

G27359272

Agrupación de pais e nais de alumnos da Ulloa de Palas de Rei

Educar en igualdade afectivo-sexual

4.000,00 €

G27133040

APA Colegio Público de Lagostelle de Guitiriz

Coeducando no rural

3.654,20 €

G27190263

ANPA CEIP de Quiroga

Promoción igualdade

3.966,56 €

G27030154

ANPA CEIP Vista Alegre

Educando na igualdade

3.203,00 €

G27349448

ANPA As Faias do CEIP Virxe do Corpiño

Vivir en igualdade na ANPA As Faias

2.910,00 €

G27140904

Asociación de pais e nais de alumnos/as do CEIP Virxe do Carme de Burela

Formación en igualdade ANPA 2020

2.541,00 €

G27126192

Asociación de pais e nais de alumnos/as do CEIP do Concello de Antas de Ulla

Programa para una educación en igualdade

4.000,00 €

G27222819

Asociación de pais e nais de alumnos/as do IES Alfoz, O Valadouro

Superpoderes en igualdade desde as familias

5.310,80 €

G27019371

ANPA CEIP de Foz número 1

Educar en igualdade

2.080,00 €

Total concesións

48.657,01 €