Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 1925

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Ourense ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) legalmente constituídas e a federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria son a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realicen as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías previstas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais, que lles axuden a detectar a violencia de xénero de que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen as familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero, ou para detectala, e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de catrocentos mil euros (400.000 €), con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2, código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria do ano 2020

CIF

Entidade solicitante

Denominación do programa

Concedido

G32250565

ANPA do CEIP de Quins

Igualdade e prevención desde nenas/os

4.000,00 €

G32147522

ANPA do Instituto número 4 O Couto

Atopándonos na diversidade

1.100,00 €

G32154668

ANPA CEIP Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro

Educación afectivo-sexual

4.000,00 €

G32116501

ANPA IES Xesús Ferro Couselo

Equality 3.0: coeducando nas emocións

4.000,00 €

G32102394

ANPA Airiña

Allariz con igualdade II

3.753,70 €

G32298671

ANPA CEIP Amaro Refojo

Vexo vexo... A igualdade

6.947,50 €

G32173312

ANPA Ben-Cho-Shey

Construíndo igualdade

4.000,00 €

G32228132

ANPA Rosalía de Castro

Igualimia

4.000,00 €

G32181208

ANPA CEIP Carlos Casares

Sementando igualdade no Carlos Casares

3.634,55 €

G32223703

APA do CEIP Otero Novas

Ciclo de actividades de igualdade

2.122,30 €

G32174302

ANPA CEIP A Ponte

Igualdade 3.0 desmontando estereotipos

4.000,00 €

G32013203

ANPA O Areal

Prevención e loita contra a violencia

2.800,00 €

G32025538

Federación de ANPA de colexios privados e concertados de Ourense

Embaixadoras da igualdade

7.000,00 €

G32211914

ANPA do CEIP Bibei de Viana do Bolo

Igualdade e prevención no CEIP Bibei

1.750,00 €

G32025413

ANPA do Colexio Vila do Arenteiro

Proxecto Vilaigualdade 2020

3.073,40 €

G32350605

ANPA do CEIP plurilingüe de Luintra

Taller sobre internet e novas tecnoloxías

400,00 €

G32503310

ANPA Conservatorio de Verín

A igualdade tócanos a todos

4.000,00 €

G32126450

APA Castromao

Rosa e azul igual a violeta

4.000,00 €

G32118036

ANPA A Galocha

I laboratorio antiheroes

4.000,00 €

G32009037

Federación provincial de ANPA da provincia de Ourense as Burgas

Escola de nais e pais pola igualdade

7.000,00 €

Total concesión 75.581,45 €