Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 1928

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Pontevedra ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) legalmente constituídas e a federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria son a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realicen as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías previstas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais, que lles axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen as familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero ou para detectala, e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de catrocentos mil euros (400.000 €), con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2, código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Pontevedra, 23 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria do ano 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Programa proposto

Importe concedido

G36321164

ANPA Valdarrosa IES Pontecaldelas

20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade

7.000,00 €

G36102382

ANPA A Rúa CEIP A Rúa

Educación en igualdade desde a afectividade

3.772,00 €

G36024040

ANPA do Colexio Público de Laredo Penedos

Igualmente

4.000,00 €

G36743946

FOANPAS Vigo

A igualdade dende o berce II

7.000,00 €

G36578722

ANPA Toural CPI do Toural

Toural diverso. Coeducación nas diversidades

4.000,00 €

G94006566

ANPA das Escolas Rurais do Rosal

Campaña igualdade de xénero

3.886,00 €

G36178168

ANPA San Martiño IES Johan Carballeira

Bueu pola igualdade

5.864,15 €

G36023042

ANPA Pardo Bazán CEIP Froebel

En loita pola igualdade

4.000,00 €

G36018273

ANPA Andaina CEIP Xunqueira 2

Axendando a igualdade 2020

3.936,00 €

G36847556

ANPA Miñor do IES Terra de Turonio

Obradoiros, charla, teatro, igualdade

2.965,00 €

G36394070

ANPA Pequeval do CRA de Valga

Coeducando

2.368,65 €

G94138195

ANPA O Patio de Loriga CEIP Xoaquín Loriga

A solución está na educación

4.000,00 €

G36782373

ANPA A Barxa CEIP García Barbón

Coeducando na Barxa 2

4.000,00 €

G36537900

Federación de Anpas de Centros Públicos A Gameliña

Programa de actividades de A Gameliña

4.500,00 €

G36629152

ANPA Ría de Vigo CEIP Ría de Vigo

Obradoiros de igualdade no Ría 2020

774,30 €

G36978955

ANPA Colexio infantil O Areal EEI O Areal

Unha infancia pola igualdade 2020

3.626,51 €

G36039436

ANPA Atalaia CEIP A Sangriña

Proxecto de formación en igualdade

2.770,00 €

G36018315

ANPA Os Valados CEIP Vilaverde-Mourente

Educando en igualdade

3.926,90 €

G36835031

ANPA Colexio El Castro

De_meu

4.000,00 €

G36175735

ANPA Abelendos CEIP Seixo

Seixo coeduca, desmentindo estereotipos

4.000,00 €

G36186765

Federación de Anpas Arco da Vella

Moaña, crecendo en igualdade

6.000,00 €

G36154508

ANPA Picariños CEIP de Figueiroa da Estrada

Igualdade + Corresponsabilidade = Respecto II

4.000,00 €

G36198273

ANPA Celso Emilio Ferreiro CEIP Xunqueira 1

Programa igualdade entre mulleres e homes

3.804,88 €

G36036952

ANPA A Prixela CEIP Viñagrande de Deiro

Camiñando cara á igualdade

4.000,00 €

G36658342

ANPA Lembranza CEIP Mallón

Programa igualdade CEIP Mallón

1.654,35 €

G36119667

ANPA San Miguel CEIP de Marcón

Nin sapos nin princesas II

4.000,00 €

G36174753

ANPA CEIP Petelos

Educando en igualdade

1.870,00 €

G36156891

ANPA A Pena do Equilibrio CEIP Ramiro Sabell Mosquera

Programa igualdade

2.050,00 €

G36707131

ANPA Cachamuíña CEIP Canicouva

Programa conxunto - ANPA Cachamuíña

4.000,00 €

G36718674

ANPA Gonderán CEIP Frián Teis

Frián: As cores da igualdade

4.000,00 €

Total concesión

115.768,74 €