Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2164

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (XVH 104/2019).

Xuízo verbal (desafiuzamento precario) 104/2019

Sobre outros verbal

Demandante: María Mercedes Román Otero

Procuradora: María Elena Salgado Tejido

Demandado: Ángel González Darrosa

Eu, Miriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVH 104/2019 seguido por instancia de María Mercedes Román Otero fronte a Ángel González Darrosa ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Resolución:

Admito a demanda presentada por María Mercedes Román Otero, representada pola procuradora María Elena Salgado Tejido, contra Ángel González Darrosa e, en consecuencia, declaro:

– Que Ángel González Darrosa ocupa o terreo sito na rúa Estación, número 3, de Chapela, sen título ningún para iso.

– Condeno a Ángel González Darrosa a estar e pasar por esta resolución e a deixar libre, vacuo e expedito o inmoble situado na rúa Estación, número 3, de Chapela, Redondela, con apercibimento de lanzamento en caso de que non desaloxen no prazo de cumprimento voluntario desta sentenza (vinte días seguintes á declaración de firmeza da resolución). En caso de non se verificar o desaloxo no prazo citado, sinálase como data para o lanzamento o día 3 de decembro de 2020, ás 9.30 horas.

Impóñense as custas ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicia»l.

E encontrándose o devandito demandado, Ángel González Darrosa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Redondela, 21 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza