Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2162

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (715/2019).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, fago saber que no mazo de sentenzas deste xulgado figura a que literalmente copiada di:

«Sentenza.

En Ourense o 29 de outubro de 2020.

Vistos por min, María Teresa Marcos Mariño, xuíza en substitución do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario, tramitados neste xulgado baixo o número 715/2019, por instancia da Emilio Domuro Canal, representado pola procuradora dos tribunais Paz Feijoo-Montenegro Rodríguez e asistido do letrado Gumersindo Fornos Viéitez, fronte a Constantino Sierra Araujo, en situación procesual de rebeldía, sobre acción declarativa de dominio.

Antecedentes de feito...

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O presente xuízo ten a súa orixe nunha demanda de xuízo ordinario na cal a parte demandante exerce unha acción declarativa de dominio por usucapión contra tabulas en relación co predio rústico no lugar dos Facheiros, O Subiado, con referencia catastral 32076ª 501001050001UL, termo de Soutopenedo, parcela 105, polígono 501 sita en San Cibrao das Viñas, dunha extensión de seis áreas e oitenta e cinco centiáreas (685 m2), que linda ao norte co predio 103 de Dorinda Sueiro Barandela e o predio 108 de Perfecto Blanco Canal, ao sur camiño e o predio 104 de Manuel Sabucedo Cid e ao oeste, co predio 106 de Dolores Martínez Canal; no devandito predio sitúase unha vivenda unifamiliar construída por Emilio no ano 1989, que consta de planta baixa con destino almacén de 89 m2 e planta alta con destino vivenda de 95 m². Dirixe a demanda fronte a Constantino Sierra Araujo, a favor do cal figura inscrito o referido terreo, malia non exercer en ningún momento actos de posesión nin de propiedade sobre ela, descoñecendo o demandante quen é o Sr. Constantino (documento 2). ...Terceiro. Conforme o disposto no artigo 394 LAC, o demandado deberá aboar o pagamento das custas procesuais.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Ditame:

Estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Paz Feijoo-Montenegro Rodríguez, en nome e representación de Emilio Domuro Canal, fronte a Constantino Sierra Araujo, en situación procesual de rebeldía, declarando que esta procede nos seguintes termos: declaro que Emilio Domuro Canal é propietario por usucapión contra tabulas do predio rústico no lugar dos Facheiros, O Subiado, con referencia catastral 32076ª 501001050001UL, termo de Soutopenedo, parcela 105, polígono 501 sita en San Cibrao das Viñas, dunha extensión de seis áreas e oitenta e cinco centiáreas (685 m²), que linda ao norte co predio 103 de Dorinda Sueiro Barandela e o predio 108 de Perfecto Blanco Canal, ao sur camiño e o predio 104 de Manuel Sabucedo Cid e ao oeste, co predio 106 de Dolores Martínez Canal. No devandito terreo sitúase unha vivenda unifamiliar construída por Emilio no ano 1989, que consta de planta baixa con destino almacén de 89 m2 e planta alta con destino vivenda de 95 m. 2. Acórdase a nulidade da inscrición rexistral que figura no tomo 1282, libro 53, folio 107, predio número 5411, que figura no Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense, correspondente ao Concello de San Cibrao das Viñas, a favor de Constantino Sierra Araujo. Practíquese a inscrición rexistral do predio nº 5411 a favor de Emilio Domuro Canal. Líbrese oficio ao Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense para os efectos sinalados nos parágrafos anteriores. Notifíquese ás partes en legal forma a presente resolución, facendo saber que esta non é firme e pode interpoñerse recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 497.2 ,156.4 e 164 da LAC, para que sirva de notificación a Constantino Sierra Araujo libro o presente edicto.

Ourense, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza