Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 352/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 352/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Regino Silvar Domínguez contra a empresa Llaçer y Navarro, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Regino Silvar Domínguez, contra Llacer y Navarro, S.L., contra Eduardo Andreu Alabarta e GP Límite Andamur, S.L., como administradores concursais de Llacer y Navarro, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada Llacer y Navarro, S.L. a aboarlle ao traballador demandante a suma de 4.751,51 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado quinto desta resolución, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno a Eduardo Andreu Alabarta e GP Límite Andamur, S.L., na súa soa condición de administradores concursais de Llacer y Navarro, S.L. a avirse á devandita condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Llaçer y Navarro, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza