Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto de rectificación de sentenza (PO 763/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 763/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Horacio Montero Morales contra Juan Carlos Suárez Martínez e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di:

Aclaro e rectifico a Sentenza 219/2020 ditada nos presentes autos de procedemento ordinario número 763/2017 o 18 de novembro de 2020, no sentido seguinte:

1. O fundamento xurídico cuarto da sentenza queda redactado como segue:

«Cuarto. Con base no exposto nos fundamentos anteriores, e de conformidade co previsto nos artigos 4.2.f), 38 e 29 do ET, procede a íntegra estimación da demanda e, en consecuencia, a condena do demandado a aboarlle ao demandante a suma de 5.280,68 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución».

2. O ditame da sentenza queda redactado como segue:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Horacio Montero Morales contra Juan Carlos Suárez Martínez e o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 5.280,68 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede súa condena nesta instancia e deberá observarse que resulte do artigo 33 do ET.».

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

A presente resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas a continuación da sentenza que rectifica. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Suárez Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza