Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de convenios urbanísticos de planeamento.

O Pleno do Concello de Silleda, en sesión do 27 de novembro de 2014, adoptou o acordo de admitir a trámite cinco convenios urbanísticos de planeamento cos seguintes obxectos e localización:

• Convenio Disiclín (parcela solo urbanizable delimitado), asinado entre este Concello e Javier Ramos Troitiño e Antonio Ramos López en representación de Disiclín, S.L., o día 3 de maio de 2014. Propietario das parcelas que conforman o ámbito do solo urbanizable.

• Convenio SUD-R Bandeira. Asinado entre o Concello e Remigio Diéguez Taboada o día 29 de outubro de 2014. Propietario dunha das parcelas incluída na delimitación do ámbito, cunha superficie de 1.172 m².

• Convenio SUD-R Bandeira. Asinado entre o Concello e Remigio Diéguez Ferreiro o día 29 de outubro de 2014. Propietario dunha das parcelas incluída na delimitación do ámbito, cunha superficie de 1.392 m².

• Convenio SUD-R Bandeira. Asinado entre o Concello e José Ramón e Jorge Valladares Vaquero, en representación da comunidade hereditaria de Ramón Valladares González, o día 22 de setembro de 2014. Propietaria dunha das parcelas incluída na delimitación do ámbito, cunha superficie de 21.265 m².

• Convenio SUD-R Silleda. Asinado entre o Concello e as seguintes partes, o día 16 de setembro de 2014:

– José Carlos Fondevila Pérez, en representación de Nutrimentos Deza, S.A. (Nudesa). Propietario dunha das parcelas incluída na delimitación do ámbito, cunha superficie de 18.713 m².

– José Ferreiro Lage en representación de Femasi, S.L. Propietario de dúas parcelas incluídas na delimitación do ámbito, cunha superficie de 10.580 m².

– Narciso Diéguez Lago. Propietario dunha parcela incluída na delimitación do ámbito, cunha superficie de 12.981 m².

– Juan Manuel Cerdeira Castro. Propietario de catro parcelas incluídas no ámbito de actuación con 21.117,76 m².

De conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión da provincia, prazo que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido e o expediente nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello, e presentar as alegacións que xulguen convenientes.

Silleda, 17 de decembro de 2020

Mónica González Conde
Alcaldesa en funcións