Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2057

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido (Cheque Brexit), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG623A).

BDNS (Identif.): 496793.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 17 de maio de 2021 o prazo de presentación de solicitudes de axuda, previsto no punto segundo do resolvo da Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro).

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica