No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 100, do 29 de maio de 2019, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 25 de marzo de 2019, relativas ás seguintes convocatorias:
– 1 praza de técnico/a de Apoio Social, C.E. 9/16. Funcionarios/as de carreira.
– 1 praza de licenciado/a en Dereito, C.E. 8/16. Funcionarios/as de carreira.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 17 de decembro de 2019
A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Régimen Interior