Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira do corpo da Policía Local de Bueu, OEP 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 239, do 11 de decembro de 2020, publícase o anuncio de nomeamento de funcionarios de carreira do corpo de Policía local de Bueu correspondente á OEP/2018 de conformidade coa Resolución da Alcaldía 2020-1679, do 3 de decembro de 2020.

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Bueu, 15 de decembro de 2020

Félix Juncal Novas
Alcalde