Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2575

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311F).

Por Resolución do 9 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (Diario Oficial de Galicia núm. 253, do 17 de decembro), aprobouse a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 219, do 30 de outubro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre a correspondente listaxe provisional, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de acordo co artigo 16 da Orde do 19 de outubro de 2020, pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, (DOG do 30 de outubro), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 219, do 30 de outubro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución. Do mesmo xeito, poderase consultar no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade https://www.edu.xunta.gal.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas

Apelidos e nome

Modalidade

Centro

Especialidade

DNI

Causa exclusión

Candisano Gillanders, Clara

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Violín

***6100**

Durán Viso, León Pedro

Música

CMUS profesional da Coruña

Trompa

***0159**

Forte Leyenda, Pablo

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Clarinete

***5991**

Cód. 1.

Guimarey Touriño, Iván

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Tuba

***2901**

Molina Touza, Ana

Música

CMUS profesional da Coruña

Violín

***0261**

Pallas Otero, Álvaro

Música

CEMU Contrapunto histórico de Santiago

Percusión

***5465**

Paniagua González, Óscar

Música

CMUS do Carballiño

Piano

***4418**

Ramos Diéguez, Andrea

Música

CMUS profesional de Lalín

Clarinete

***9026**

Ruibal Seoane, Iván

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Piano

***6559**

Alján Alves, Elba

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***0399**

Castillo Fernéndez, Sara Luna

APD

EASD Ramón Falcón, Lugo

Fotografía

***0416**

Fernández Vila, Carla

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***7980**

González Calle, Celia

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***6657**

Martínez Do Reis, Nicolás

APD

CE.ART. Aula D, Vigo

Proxecto e dirección de obras de decoración

***7848**

Cód.

Descrición

1

Non cumpre a condición de requisito de participación do artigo 4.3 e do artigo 5.