Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3034

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de tres encomendas de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A (Seaga), para executar durante os anos 2021 e 2022.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 2 de decembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), a realización dos traballos de retirada, almacenamento e xestión de residuos procedentes da inspección e vixilancia pesqueira realizada pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2021.

– Actividade: realización dos traballos relativos ao proxecto de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1, con código de proxecto 2011 00867.

2. Resolución do 4 de decembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a realización dos traballos correspondentes ao proxecto de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables para o período 2021-2022.

– Actividade: realización dos traballos relativos ao proxecto de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables para o período 2021-2022.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022, aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.2, con código de proxecto 2016 00255.

3. Resolución do 4 de decembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a realización dos traballos de reinstalación na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2021 e 2022.

– Actividade: executar os traballos para a reinstalación na ría de Ferrol, dos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción declaradas como clase C no litoral norte da Comunidade Autónoma de Galicia durante os anos 2020 e 2021.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de xuño do ano 2022.

– Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022, aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.2, con código de proxecto 2016 00255.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar