Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3313

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3691/2020 MRA).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3691/2020, seguido por instancia de Lúa Mosquera Tenreiro contra Producciones Audiovisuales 15004, S.L.; Playa Club Corporación Financiera, S.L. e Soprohos Coruña, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto por Luisa Lobato Vázquez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 6 da Coruña, do 31 de outubro de 2019, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorreu.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante un escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguido dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dos dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Playa Club Corporación Financiera, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza