Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Arnoia

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación da Arnoia, que tivo lugar o 25 de novembro de 2020, aprobou inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal da Arnoia. Sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Región, para poder ser examinado nas oficinas do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, e poder formular as alegacións e observacións que se consideren pertinentes.

A Arnoia, 11 de decembro de 2020

Rodrigo Aparicio Santamaría
Alcalde