Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, de notificación de práctica de proba pericial proposta pola interesada.

Por medio deste anuncio, e debido a que a persoa indicada non se atopa no domicilio que obra no expediente, con base no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícaselle á persoa incluída no anexo que:

Dado que a notificación de correos cursada foi devolta por causa de ausente de repartición, polo que foi infrutuosa, infórmaselle que o escrito de alegacións da interesada e o informe inicial con data do 4 de febreiro de 2019 están á súa disposición, de conformidade co artigo 77.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderá consultalos durante un prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da presente publicación para redactar o seu informe, na Secretaría da Dirección de Recursos Humanos do Hospital Universitario Lucus Augusti, Pavillón Administrativo, sito no terceiro andar, rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (teléfono 982 29 63 30).

Lugo, 21 de decembro de 2020

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do interesado: Reyes García, Juan Osmani.