Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva con condicións (expediente FG número 655).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de decembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente con condicións o estudo de detalle do cuarteirón RP-13 do Plan parcial sector SUD-11, Dorneda-campo de golf (documento R.E. nº 2020014604, do 28.10.2020).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.

Oleiros, 28 de decembro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente