Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3748

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión dun posto de Supervisión de Área Funcional de Recursos Humanos, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de Supervisión de Área funcional de Recursos Humanos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan, de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro Xeral da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo nº 2 de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios e na intranet da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 30 de decembro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Praza

Código

Denominación

Praza

Centro

S-A2-02

Supervisión Área Funcional de Recursos Humanos

1

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)