Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (684/2019).

Eu, Mª Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que no xuízo ordinario seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense co número 684/2019, por instancia de Emilia, Castor, Delmiro, Margarita e Lucita Prieto Alonso fronte a Purificación de las Mercedes, José Manuel e Delmiro Prieto Rodríguez, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimar, en parte, a demanda presentada pola procuradora Sra. Ogando Vázquez, no nome e representación de Emilia Prieto Alonso, con DNI 34594888J, Margarita Prieto Alonso, con NIE X822128, Lucita Prieto Alonso, con DNI 34538956V, Castor Prieto Alonso, con DNI 36547726J, Delmiro Prieto Novoa, con DNI 34945257T, contra Purificación de las Mercedes Prieto Rodríguez, José Manuel Prieto Rodríguez e Delmiro Prieto Rodríguez, en consecuencia, debo declarar e declaro que:

1º. Son indivisibles e procede a extinción do condominio sobre os bens inmobles:

– Referencia catastral urbana: DH0203600NG88D0001SJ, que se describe como “Urbana. Casa de planta baixa, sinalada co trinta e seis do lugar de Trellerma, concello de Toén, Ourense. Ten a superficie total construída de cento noventa e nove metros cadrados. Linda: norte, ignórase, sur e oeste, Castor Prieto Rodríguez, e leste, camiño”.

– Referencia catastral rústica: 32082A009000390000LF, que se describe “Polígono 9, parcela 39 Hortas 32941, Toén, Ourense. Ten a superficie de setecentos vinte e un metros cadrados. Linda: norte, parcela 42 do polígono 9 e parcela 622 do polígono 9, sur, parcela 40 do polígono e parcela 38 do polígono 9, leste, estrada e parcela 625 do polígono 9 e oeste, parcela 40 do polígono 9”.

2º. En consecuencia co declarado e para a extinción do condominio sobre os indicados bens, adxudícanse os bens descritos a Emilia Prieto Alonso, con DNI 34594888J, polo importe de 37,706.95 €, debendo compensar Emilia Prieto Alonso en metálico o resto de condóminos (Margarita Prieto Alonso, Lucita Prieto Alonso, Castor Prieto Alonso, Delmiro Prieto Novoa, Purificación de las Mercedes Prieto Rodríguez, José Manuel Prieto Rodríguez e Delmiro Prieto Rodríguez) na porción correspondente conforme a herdanza.

Condeno os demandados a avirse ás anteriores declaracións.

Todo sen pronunciamento en materia de custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, instruíndoas do seu dereito a formular contra ela recurso de apelación, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para resolver ante a Audiencia Provincial de Ourense, recurso que deberá presentarse como indican os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose os devanditos demandados Purificación de las Mercedes, José Manuel e Delmiro Prieto Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Ourense, 18 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza