Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 54/2019).

Neste órgano xudicial tramítase DCT 54/19 seguido por instancia de Verónica Espiña Antas contra Jawad Lech Heb, sobre divorcio contencioso, nos cales se ditou sentenza o 25 de setembro de 2019 en que consta o seguinte encabezado e parte dispositiva.

«Sentenza.

En Pontevedra o 25 de setembro de 2019.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 54/2019, en que é parte demandante Verónica Espiña Antas, representada pola procuradora Magdalena Méndez Benegassi Gamallo e asistida da letrada Cristina Noya Ordóñez, e como parte demandada Jawad Lech Heb, declarado en rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Magdalena Méndez Benegassi Gamallo, en nome e representación de Verónica Espiña Antas, contra Jawad Lech Heb, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 25 de novembro de 2016 inscrito no tomo 130, páxina 143, da Sección Segunda do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación de sentenza en legal forma a Jawad Lech Heb, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza