BDNS (Identif.): 544847.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Entidades beneficiarias
– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
– As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.
Segundo. Obxecto e finalidade
Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
– Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).
Cuarto. Contía
O orzamento total ascende a trescentos mil euros (300.000,00 €) e a distribución de créditos por programas é a seguinte: programa I, 230.000,00 €; programa II, 70.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Outros datos
Para os dous programas, unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade