Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-17303 e tres máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse para notificarlles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 19 de decembro de 2020

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 216/2020, do 8 de decembro)
María Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-17303

35427142N

Resolución por falecemento e arquivamento

8.5.2020

BS210A/VI-43289

35298842Y

Resolución por falecemento e arquivamento

4.9.2020

BS210A/PO-48601

53113477Z

Aceptación da renuncia e arquivamento

7.8.2020

BS210A/VI-50917

35889375Z

Resolución por falecemento e arquivamento

12.6.2020