Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite (Santa María), Betán (San Martiño) e Baños de Molgas (San Salvador), no concello de Baños de Molgas (Ourense).

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 252, do mércores 16 de decembro de 2020, cómpre publicar a seguinte corrección:

No sumario, onde di: «EDICTO do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite (Santa María), Betán (San Martiño) e Baños de Molgas (San Salvador), no concello de Baños de Molgas (Ourense)», debe dicir: «EDICTO do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite, no concello de Baños de Molgas (Ourense)».