Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4034

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 13 de xaneiro de 2021 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para varias notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 17 de novembro de 2020, e resolto mediante a Resolución do 22 de decembro de 2020, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Santiago Rueda Rodríguez-Vila, notario de Vilanova de Arousa, para a notaría de Cangas.

– María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avelló, notaria de Quiroga, para a notaría de Cangas.