Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (F02 1252/2019).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Fabiola Vera Angunu Nsue Mbang fronte a Miguel Gabriel Massamba Enguru, se ditou auto de aclaración, cuxo teor literal é o seguinte:

Auto.

Maxistrado xuíz Luis Doval Pérez.

Ourense, 9 de decembro de 2020.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Este xulgado ditou sentenza, con data do 20 de novembro de 2020, nos autos de divorcio contencioso número 1178/20, por instancia de Faviola Vera Angunu Nsue Mbang fronte a Miguel Gabriel Massamba Enguru.

Segundo. Notificada a citada sentenza, a procuradora Mónica Vázquez Blanco, actuando en nome e representación da parte demandante, presentou escrito en que solicitaba a aclaración da referida sentenza.

Parte dispositiva.

Acordo: aclarar o erro material da Sentenza do 20 de novembro de 2020, nos autos de divorcio contencioso número 1178/20, no antecedente de feito 2º, onde pon: «A procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de Faviola Vera Angunu Nsue Mbang, presentou demanda de garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial fronte a Víctor Manuel Lagarellos Tabajada.. » debe poñer:

«A procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de Faviola Vera Angunu Nsue Mbang, presentou demanda de garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial fronte a Miguel Gabriel Massamba Enguru».

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do que se poida interpoñer contra a sentenza, computándose o prazo desde a notificación da presente.

Mándao e asínao S.S.ª. Dou fe.

E ao estar o devandito demandado, Miguel Gabriel Massamba Enguru, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 11 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza