Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4029

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 11 de xaneiro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 3º cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Arteixo

2.10.2020

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Burela

11.11.2020

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Ponte Caldelas

11.12.2020

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Friol

14.12.2020

Sen achega económica