Tendo expirado o prazo do mandato dos conselleiros e conselleiras electivos do Consello Consultivo de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 3.2 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia,
DISPOÑO:
O cesamento de José Luis Costa Pillado, Ignacio de Loyola Aranguren Pérez, José Abelardo Blanco Serrano e Eduardo Antonio Sánchez Tato, agradecéndolles os servizos prestados.
O nomeamento, como conselleiros electivos do Consello Consultivo de Galicia, de José Luis Costa Pillado, Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e Alberte Souto Souto, por proposta do Parlamento de Galicia, e de Nora María Martínez Yáñez, escoitado o Consello da Xunta de Galicia.
De acordo co previsto no artigo 10 da Lei 3/2014, os membros electivos do Consello Consultivo deberán permanecer no exercicio dos seus cargos ata a toma de posesión dos novos membros.
Santiago de Compostela, vinte e un de xaneiro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente